Localización

Ruta: Administrar > Configuración da páxina > Localización

Drupal proporciona un módulo específico que nos permitirá a tradución da súa interface de texto en distintos idiomas.

Por defecto vén configurado en galego.

Administrador de idiomas

Configuración das cadeas de tradución
Pódese buscar as cadeas traducidas e non traducidas, e o texto predefinido en inglés que proporciona Drupal introducindo as equivalencias correspondentes nos idiomas desexados (galego e castelán)

Administrar as cadeas de traducción


Modificación de cadeas de texto

Algúns módulos de Drupal ofrecen campos onde editar directamente as cadeas de texto, pero non sempre é así e na maioría dos casos teremos que empregar o módulo Localización para a edición, corección ou traducción de cadeas de texto.

A) Modificación dunha cadea de texcto empregando o módulo Localización

Como exemplo ilustrativo veremos como modificar a expresión "Leer máis" e substituila pola expresión correcta "Ler máis". Dita expresión pode verse ao pé dos contidos cando está activo o módulo paging.


1. Ruta: Administrar > Configuración da páxina > Localización > Administrar cadeas

2. Inserimos o texto a buscar, neste caso "Leer máis", na caixa de textos a buscar (sen as comiñas) e prememos en "Buscar".

Buscar

Se existen resultados coincidentes aparecerán na pantalla e premendo en editar poderemos modificalos para cada un dos idiomas activos.

Neste caso aparecerá o texto "Leer máis" coa falta de ortografía.
leer mais
Deberemos modificalo por "Ler máis" e premer en "Gardar as traduccións"
Ler mais

B) Modificación dunha cadea de texto dende o propio módulo

Como exemplo imos modificar a descrición do tipo de contido Páxina. Esta descrición visualízase cando os usuarios teñen que elexir o tipo de contido que queren crear e neste sentido é unha axuda á hora de elixir o máis axeitado.
Tamén podemos aproveitar esta descrición para darlle consellos sobre a creación deste tipo de contido ou anticiparnos a erros que por norma xeral observemos que se cometen.
Para modificar esta descrición imos a "Administrar > Administración do contido > Tipos de Contido" en tipo "Páxina" prememos en "editar".
descricion contido tipo páxina
Última modificación: Mércores, 23 de Decembro de 2015, 11:06