6.6 Estatísticas (Statistics)

O core de drupal trae incorporado o módulo Statistics, que nos permite ter información estatística do noso sitio web:

  • número de veces que se visitou unha páxina
  • contidos que se visitaron nesa páxina
  • data na que se mostrou
  • número de visualizacións recentes dun contido [1]
  • número de veces que se visualizou en total
  • referentes principais (páxinas de terceiros que apuntan á nosa)

Estas estatísticas proporciónannos detalles sobre os usuarios da páxina e o uso que fan dela (contidos populares, os máis vistos recentemente, os máis vistos todo o tempo etc.)

[1] o significado de “recente” dependerá do tempo que teña establecido o administrador nas páxinas de configuración do módulo entenderase o tempo que estableza o administrador na configuración do módulo para descartar os rexistros antigos. Para que realmente funcione precisa da execución do CRON con certa periodicidade

estatísticas funcionalidades do módulo

Características do módulo Estatísticas

  • Rexistros: mostra estatísticas sobre cantas veces accedeuse e que contido do seu sitio serviuse.
  • Referentes principais: dille desde onde chegaron os visitantes (URL de referencia).
  • Páxinas principais ou máis vistas: mostra o máis visitado, cal é o contido máis popular do sitio.
  • Usuarios principais (máximos visitantes ou visitantes mais activos): mostra os usuarios máis activos do sitio.
  • Accesos recentes: amosa información sobre a actividade máis recente do sitio
  • Contador de nodos: mostra o número de veces que se accedeu a cada nodo na sección da ligazón do nodo que hai xunto a nº comentarios.
  • O bloque de contido popular: crea un bloque que pode amosar o contido máis visitado do día, de sempre e o último contido que se visitou.
Última modificación: Mércores, 23 de Decembro de 2015, 11:06