Características do módulo Lightbox2

O módulo Lightbox2 é un script que permite superpoñer imaxes sobre os contidos da nosa páxina. Resulta moi sinxelo de instalar e configurar e funciona con tódolos navegadores actuais.

É dicir, este módulo permite mostrar imaxes por enriba da páxina actual, e non dentro dela, de forma temporal. O funcionamento é sinxelo: colocaremos unha imaxe en miniatura en calquera lugar da páxina de maneira que ao facer clic sobre ela, a imaxe móstrase en tamaño grande como unha imaxe flotante por enriba da páxina, superpoñéndose a calquera dos contidos que hai nela. Isto facilítanos moito o deseño da páxina, liberándonos das limitacións de espazo que establecen o resto dos contidos.

O módulo Lightbox2 incorpora, entre outras cousas, as seguintes funcionalidades:

  • Conxuntos de imaxes: grupos de imaxes relacionadas e navegación entre elas con facilidade. Moi apropiado para as galerías de imaxes.
  • Compatibilidade con contidos HTML.
  • Soporte para contidos de video.
  • Efectos visuais: animación da precarga de imaxes e animación do clic sobre a imaxe.
  • Capacidades de zoom: as imaxes máis grandes redúcense de tamaño para que encaixen perfectamente dentro da ventá do navegador.
  • Selección de deseños.
  • Configuración da plantilla e da animación.
  • Capacidade de exlusión de páxinas: capacidade de excluír a determinadas páxinas do noso sitio web do uso de Lightbox2.
Última modificación: Mércores, 23 de Decembro de 2015, 11:06