Obter un vídeo de Internet


Existen numerosos programas e plugins para poder descargar vídeos da rede. Aquí imos comentar unha forma moi sinxela. Para iso necesitaremos o seguinte:

Teremos que ter instalado o navegador Mozilla Firefox (http://www.mozilla-europe.org/es/firefox/) xa que para a descarga dos vídeos empregaremos un plugin deste navegador.

Desde o Firefox iremos ao menú Ferramentas > Complementos.

Logo prememos sobre a primeira icona que aparece na parte superior: Obter complementos, e nesta xanela buscamos o enlace que indica: "Examinar tódolos complementos".
obter complementos

Este enlace levaranos directamente ao portal dos complementos de Firefox (https://addons.mozilla.org/es-ES/firefox).

Na parte superior deste portal podemos ver un buscador, onde escribiremos o nome do complemento que imos buscar: Video DownloadHelper
complementos

Prememos Intro e en breve xa aparecerá a lista cos resultados da nosa busca, e en primeiro lugar debería de aparecer xa o complemento buscado.

video

Prememos sobre o botón da dereita que di Anadir a Firefox para proceder á súa instalación. Enseguida aparecerá unha pantalla indicándonos que se vai proceder á instalación deste complemento. Prememos sobre o botón Instalar ahora para continuar coa instalación.

video

Unha vez rematada a instalación vai a pedirsenos que reiniciemos o navegador Firefox. Mentres que non reiniciemos non poderemos empregar o novo complemento.

video

Unha vez reiniciado o Firefox, xa podemos pechar todas as pestanas abertas, e iremos ao portal de Youtube a buscar algún vídeo, por exemplo, o mesmo empregado anteriormente: "The Drupal Song Music Video".

Unha vez que teñamos un vídeo en reprodución desde YouTube poderemos observar como na barra de botón do navegador aparece unha icona con tres boliñas en movemento, que presenta unha frecha negra ao seu carón.

video

Premendo sobre a frecha negra presentarásenos un menú desde o cal teremos a opción de Descargar o vídeo que estamos visualizando. Prememos sobre esta opción e gardámolo no noso PC.

video

Desta forma xa teremos un vídeo en formato FLV no noso equipo.

Última modificación: Mércores, 23 de Decembro de 2015, 11:06