URLs limpas

Ruta: Administrar > Configuración da páxina > URLs limpas

Esta opción fai que Drupal emita URLs "limpas" (isto é, sen ?q= na URL.)

Esta opción é moi interesante para crear urlś amigables o que pode ser interesante de cara aos visitantes da web.

Débese revisar este módulo e comprobar se está activo e activalo se fora necesario. Antes de poder facelo é preciso realizar unha proba dende a propia páxina de configuración do módulo. Para elo basta con premer no enlace correspondente (ver imaxe)

activaciṕon url limpas

O sitio realizará unha proba transparente para o usuario e unha vez realizada (é case instantáneo) aparecerá actica a opción de activar ou desactivar as url limpas. Podemos xa marcar a opción de activar e gardar a configuración.

url limpas activada

Feito isto poderemos ver que na barra de enderezos do noso navegador amosa xa url limpas, así por exemplo o enderezo:

http://www.edu.xunta.gal/centros/curso131/?q=admin/settings/clean-urls

agora visualzarase como :

http://www.edu.xunta.gal/centros/curso131/admin/settings/clean-urls


Última modificación: Mércores, 23 de Decembro de 2015, 11:06