2.5 Configuración do usuario.

Ruta: Administrar > Mantemento de usuarios > Configuración de usuario.

Esta opción serve para:

1. Permitir ou denegar que os usuarios se dean de alta eles mesmos. Nos nosos centros é recomendable configurar para que só os administradores poidan crear novas contas.

Configura usuario

2. Configurar as mensaxes de correo electrónico que lle chegará aos usuarios ao darse de alta, tanto cando se dan de alta eles mesmos como cando os dá de alta o administrador. Tamén se configura o texto do correo electrónico para a solicitude dun novo contrasinal.

Configura usuario

3. Por último, tamén nos vai permitir ou denegar o soporte de fotos de usuarios e a configuración das mesmas, tanto de ubicación no sistema como as dimensións máximas e o tamaño máximo en Kb.

As fotos dos usuarios normalmente son usadas cando a web está deseñada como un foro ou un blogue.

Configura usuario

Última modificación: Mércores, 23 de Decembro de 2015, 11:06