Convetir o formato dun vídeo, usando SUPER

Outra forma de convertir o formato dun vídeo será usando o conversor SUPER © eRightSoft (http://www.erightsoft.com/SUPER.html)

A continuación, de modo sinxelo, explicamos como sería o proceder con este programa para realizar a convesión entre formatos de vídeo.

super

  1. Nesta zona facemos clic co botón dereito do rato. Aparecerá un menú emerxente e desde a primeira opción engadimos o vídeo que desexamos converter: Add Multimedia File(s)
  2. Seleccionamos o formato do vídeo de salida. Neste caso teriamos que seleccionar o formato FLV, que é o que empregaremos posteriormente na web.
  3. Axustes de vídeo: podemos personalizar o tamaño, aspecto e outras características que terá o novo vídeo. Para a web é importante que o tamaño non sexa demasiado grande, entre 320x240 e 353x288 é suficiente.
  4. Axustes de audio: podemos realizar diferentes axustes sobre a calidade do audio que incorporará o vídeo final. Pódense deixar as opcións que marque por defecto.
  5. Unha vez axustados os parámetros, premeremos sobre o botón Encode para iniciar a conversión.
Pode ser que nos aparezan un par de xanelas máis, unha para seleccionar os códecs que desexamos empregar (DivX, DX50,MP4, XviD...) e outra preguntándonos se desexamos empregar o conversor FFmpeg (en caso de indicar que no empregará o Mencoder, que tamén se poden seleccionar na zona do punto 2).
Última modificación: Mércores, 23 de Decembro de 2015, 11:06