Cómo usar Lightbox2

Podemos usar e aplicar as funcionalidades de Lightbox2 na nosa páxina de diferentes maneiras e con diferentes tipos de contidos que incorporen imaxes.

Agora imos ver un exemplo do uso de Lightbox2 con imaxes insertadas nun contido tipo "páxina".

  1. Creamos un novo contido, tipo "páxina".
  2. Debaixo do campo "Corpo" pulsamos a opción "Disable rich-text" inserir lightbox2
  3. A continuación pulsamos o botón inferior "add images"
  4. Na nova ventá que nos aparece, pulsamos o botón "subir a new image",
  5. Introducimos un título e seleccionamos unha imaxe para subir.
  6. Despois de subir a imaxe, aparecerá un recadro de propiedades da imaxe onde deberemos seleccionar no desplegable "Link" a opción "Link to image page" properties lightbox2
  7. Finalmente pulsaremos o botón "Insert" e publicaremos este novo contido tipo páxina na categoría que queiramos.
  8. Podemos ver o efecto que o módulo Lightbox2 produce sobre as imaxes, ao facer clic sobre a imaxe que acabamos de insertar.



interesante Exemplo real de funcionamento
Podes ver un exemplo real de funcionamento do módulo Lightbox2 no "Portal Educativo da Consellería de Educación", en concreto na sección "Os nosos centros" (barra lateral dereita do portal).
Pulsa sobre a foto do centro educativo que se mostra en cada momento.

Última modificación: Mércores, 23 de Decembro de 2015, 11:06