1.5 Configuración do artigo

Ruta: Administrar > Administración do contido > Configuración do artigo

Configuración do artigo

Nesta sección atópanse as distintas opcións para modificar aspectos relacionados cos contidos publicados.

As opcións que podemos configurar ou sobre as que podemos incidir son as seguintes:
     
  • Reconstruír a caché dos permisos. Se o sitio ten problemas cos permisos do contido, pode querer reconstruír a caché de permisos. As posibles causas para os problemas de permisos son a desactivación dos módulos ou os cambios na configuración dos permisos. Reconstruír implica eliminar tódolos privilexios do envío e reemprazalos polos permisos en base aos módulos e opcións actuais. A reconstrución pode levar algo de tempo se hai moito contido ou se as opcións dos permisos son complexas. Ao acabar a reconstrución, tódolos envíos empregarán automaticamente os permisos novos.
Reconstruíndo permisos
  • Número de envíos na páxina principal. Aquí indicaremos o número de elementos (nodos) que aparecerán en cada páxina. A opción que aparece por defecto é 10. Unha vez que se supere este número automaticamente aparecerá un paxinador que nos permitirá acceder as 10 seguintes, anteriores...
  • Lonxitude dos envíos. Aquí podemos establecer o número máximo de caracteres que se deben empregar na versión recortada dun contido. É dicir, se nunha páxina poden aparecer 10 envíos, como vimos no punto anterior, estes deberán de aparecer recortados xa que se algún deles é moi extenso implicaría que para poder acceder ao seguinte da lista teriamos que desprazar moito a barra de desprazamento vertical. Entón Drupal o que fai é que nos permite establecer a lonxitude a partir da cal os contidos quedarán recortados nesta primeira vista. Logo, ao premer sobre o título, xa podemos acceder ao contido completo para poder lelo na súa totalidade.
    Neste campo de Lonxitude dos envíos as posibilidades que se nos presentan son desde 200 caracteres ata ilimitado. A opción establecida por defecto é de 600 caracteres.
Lonxitude dos envíos recortados
  • Vista previa do envío. Podemos seleccionar entre Opcional e Obrigatorio. Por defecto está marcada a opción de Opcional. Refírese a cando un usuario con permisos está escribindo calquera tipo de contido na páxina podemos ben forzar a que cando lle dea a "Enviar" teña que "ver" o envío na vista previa e dende aí envíalo ou non. Se o deixamos en opcional será o usuario quen poda elixir ver como queda o seu envío ou ben dándolle ao botón "Enviar" publicalo directamente.
     
Tódolos cambios que poden facerse nestas opcións de configuración son efectivos unicamente se lle damos ao botón "Garda-la configuración".





Última modificación: Mércores, 23 de Decembro de 2015, 11:06