Esquema de temas
Tema 1
Moodle: Interface
Moodle é unha aplicación web que se emprega para crear e xestionar plataformas educativas. Este tipo de aplicacións denomínanse EVAE (Entorno Virtual de Ensino e Aprendizaxe) ou Aulas Virtuais.
Desde estas plataformas os centros educativos ou diferentes institucións proporcionan recursos, materiais educativos e deseñan actividades de aprendizaxe para estudantes. Ademáis Moodle permite controlar o acceso dos estudantes e profesores e tamén serve como vía de comunicación entre o alumnado e o profesorado.
Tema 2
Moodle: Usuarios
En Moodle os usuarios administradores xestionan o modo en que un usuario se rexistra e accede aos diferentes cursos. Pódese optar por diferentes métodos, desde o máis desatendido pero que necesita dunha maior reflexión e configuración, ata o modelo atendido onde o administrador debe crear as contas de usuario co cal en todo momento existe un control dos usuarios que teñen acceso á plataforma.
Nesta sección tratamos as distintas posibilidades de dar de alta usuarios na aula virtual. Os administradores de Moodle nun centro educativo son os encargados de realizar as altas de usuarios na plataforma; o papel / rol habitual do profesorado é o de "editor de cursos" con permisos polo tanto para crear un curso e estruturar nel os distintos materiais e recursos educativos da súa materia, así como "matricular" alumnos no mesmo (en terminoloxía de Moodle "asignar papel - estudante"). Pero previamente os alumnos deben de estar rexistrados no sistema.
A maneira máis habitual de dar de alta usuarios é desde a opción "Matricula baseada no correo electrónico" apartado que explicamos polo miúdo neste tema. Pero para traballar coa aula virtual non é imprescindible que os alumnos estean rexistrados no sistema; a utilización de Moodle como repositorio de documentación e recursos (contidos dixitais) pode poñerse en práctica deixando o acceso a convidados aberto; este caso é habitual nalgúns centros, de maneira que os alumnnos non pasan por un proceso de autenticación para acceder aos cursos.
CONTAS
PERMISOS
- 2.6.- Definir papeis
Tema 3
Moodle: Xestión de Cursos
Moodle como Entorno Virtual de Ensino e Aprendizaxe organízase en cursos. Se tiveramos que facer unha comparación co ensino presencial e tradicional, cada curso correspondería a un aula ou a unha materia.
Na web 2.0 podemos organizar os cursos de diferentes xeitos gracias á xestión de categorías. Así, desde un destes espazos podemos dinamizar o departamento de orientación, ter organizada a documentación do equipo directivo, desenvolver unha actividade específica para todo o alumnado do centro ou utilizalo do xeito máis común, como espazo virtual de apoio ao ensino presencial onde o profesorado ten a disposición dos alumnos non só contidos expositivos, senón tamén actividades para a aprendizaxe en grupo.
Tema 4
Moodle: Administración do sitio
Moodle ofrece moitas e moi variadas opcións de configuración para a plataforma.
Nos contidos deste curso aprenderemos a utilizar aquelas que desde o Proxecto Webs Dinámicas consideramos importantes para a nosa comunidade educativa buscando o equilibrio entre a funcionalidade e a simplicidade.
CONTIDOSTema 5
Moodle: Material complementario (usuarios) Recursos e Actividades
Tanto os recursos como as actividades non son propiamente tarefas de administración polo que faremos unha descrición abreviada. Teña sempre presente que pode consultar mais extensamente cada un destes contidos no curso Moodle de usuarios dispoñible na aula virtual aberta de websdinámicas: http://www.edu.xunta.gal/centros/websdinamicas/aulavirtual
CONTIDOSRecursos
Actividades