6.- Usuarios en liña

Bloque de usuarios conectados ó curso

Neste bloque móstranse os usuarios conectados ao curso nun período de tempo fixado polo administrador ( por defecto 5 minutos ).
Mantendo o punteiro sobre o nome dun usuario listado no bloque, visualízase o tempo que o usuario leva conectado. Premendo sobre a imaxe do "sobre" situada á dereita de cada usuario, ábrese unha xanela que permite enviar unha mensaxe privada ao usuario empregando o sistema de mensaxería de Moodle.

Última modificación: Mércores, 23 de Decembro de 2015, 11:06