3.2.5 Tema/Bloque principal (bloque 0)

A primeira sección dun curso de Moodle é o denominado "Bloque/Tema principal", "bloque 0" ou "tema 0". Esta sección créase automáticamente e permanece sempre visible tanto no formado de curso "Semanal" como no formato de curso "Temas" mostrándose sempre no encabezamento do curso.

Esta é a única sección que non pode ser ocultada nin borrada e contén, como mínimo e obrigatoriamente, o "Foro de Novas".

Habitualmente esta sección utilízase para colocar unha imaxe identificativa do curso (título, logotipo, ...), así como aquela información de carácter xeral que se considere de relevancia para o inicio e o desenvolvemento do curso.

bloque 0
Última modificación: Mércores, 23 de Decembro de 2015, 11:06