16.- HTML
Bloque que serve para presentar nos laterais do curso ou da páxina principal do sitio información textual ou gráfica.
Contidos clave, enlace a sitios de interese, utilidades ( buscadores, reloxo, animacións flash ) ...poden ser algúns recursos que poden ser engadidos a este bloque.
Para configurar a presentación do bloque, primeiro hai que engadir o bloque e logo hai que premer sobre o botón de editar o bloque. |
Aparecerá na pantalla o formulario Configurando un bloque HTML, para dende el, introducir o contido do bloque.
No caso de querer introducir no bloque un contido con código HTML hai que empregar o Tabulador HTML "< >", sinalado na imaxe anterior, que aparece no editor de texto do formulario.
Última modificación: Mércores, 23 de Decembro de 2015, 11:06