Escolla (ou Consultas)

A escolla é unha actividade sinxela que nos permite formularlle aos alumnos do curso unha enquisa dunha única pregunta ou votación, na que establecemos varias posibles respostas entre as que debe elixir cada alumno.

Podemos empregala para coñecer e/ou decidir aspectos sobre o desenvolvemento do curso.

Por exemplo, poderemos realizar unha consulta para fixar a data dalgunha actividade como un exame ou unha sesión de chat, para elixir que traballo ten máis interese para o alumnado, estimular a reflexión sobre un asunto... etc.

  • Os resultados da escolla ou consulta móstranse de forma gráfica con diagrama de barras coas imaxes dos estudantes na que podemos apreciar cal foi a elección de cada alumno e mesmo que alumnos non responderon á consulta.
  • Tamén podemos ocultar o nome dos alumnos no caso de realizar consultas que poidan ser máis persoais ou que polo motivo que sexa desexemos conservar o anonimato destes.
  • Cada alumno só pode dar unha única resposta que pode editar e modificar posteriormentesi o profesor así permíteo.
  • Podemos limitar o número de máximo de respostas por opción.
  • Os resultados pódense descargar nun arquivo de texto ou unha folla de cálculo para o seu tratamento posterior.

Pasos a seguir para crear unha consulta

O proceso de creación dunha consulta é similar ao de calquera outra actividade.

Paso 1: Activamos o modo de edición.

Paso 2:
Situámonos no tema ou sección onde desexamos incluíla e imos á lista despregable "Engadir unha actividade... "

Paso 3: No formulario que se abre indicamos:
Configurando escolla 1
  • Título da consulta: ou nome identificativo
  • Texto da consulta: enunciado ou descrición da pregunta formulada.
  • Limitar o número de respostas permitidas: por defecto, calquera estudante pode elixir calquera das opcións que se lle presentan. Pero se habilitamos esta opción (Permitir), poderemos limitar o número de respostas para cada opción de xeito independente. Unha vez alcanzado este límite ninguén máis poderá seleccionar esa opción (por exemplo, nunha consulta para a formación de grupos dun número limitado de compoñentes).
Configurar escolla 2
  • Consulta 1 - Consulta n: son as posibles respostas ou opcións a presentar os alumnos. Se necesitásemos máis espazos abonda con facer clic sobre o botón correspondente.
configurar escolla 3
  • Límite: como se comentou anteriormente, este parámetro permite limitar o número de participantes que poden seleccionar cada opción en particular.
  • Restrinxir a resposta a este período: esta opción permite definir o período de tempo no que os participantes poden responder á consulta.
  • Modo mostrar: permítenos elixir a forma (vertical ou horizontal) na se mostrarán os resultados aos participantes.
    • Publicar resultados: permítenos determinar se os participantes poden ver os resultados da consulta e cando son visibles:
    • Non mostrar os resultados aos alumnos: non se presentan os resultados aos estudantes en ningún momento. Só os pode ver o docente.
    • Mostrar os resultados ao estudante despois da súa resposta: só se mostran os resultados acumulados se o estudante que accede xa votou nesta consulta. Mostrar os resultados aos estudantes só despois de pechar a consulta: os resultados só se mostran unha vez pechada a consulta, ben porque expirou o prazo ou ben porque votaron todos os participantes.
    • Mostrar sempre os resultados aos estudantes: móstranse os resultados acumulados a calquera estudante e en calquera momento, haxa ou non votado.
  • Privacidade dos resultados: establece se os resultados se publicarán incluíndo ou non información sobre a opción elixida por cada usuario, é dicir, se a consulta será anónima ou non.
  • Permitir a actualización da consulta: se seleccionamos Sí, os participantes poderán cambiar de opción en calquera momento.
  • Mostrar columna coas non respondidas: se seleccionamos Sí, móstrase unha columna cos participantes que non responderon á consulta.
  • Modo de grupo: establece a forma de interacción entre os membros dos grupos de traballo.
  • Visible: permite mostrar ou ocultar a actividade aos estudantes.
    •  
Paso 4: Unha vez axustada a configuración, pulsaremos no botón Guardar cambios e a consulta estará lista para o seu uso.


Xestión dunha consulta

O profesorado sempre ten control sobre a evolución das consultas. Accedendo á consulta, ve os resultados desta e os estudantes que elixiron cada unha das respostas.

Para obter un informe debemos pulsar o botón segundo o formato da nosa elección (ODS, Excel ou de texto) También temos a posibilidade de seleccionar e eliminar as respostas desexadas dunha consulta.

Escolla

Última modificación: Mércores, 23 de Decembro de 2015, 11:06