3.2.4.- Dispoñibilidade

Dispoñibilidade:

Esta opción permite "agochar" os cursos aos estudantes. Non aparecerá en ningunha listaxe de cursos, excepto para administradores e creadores. Mesmo se os estudantes tratan de acceder directamente a un curso a través da URL negaráselles o acceso.

Chave de inscrición: O contrasinal de acceso serve para restrinxir o acceso a persoas alleas a ese curso. Se deixamos en branco este cadro, calquera que teña nome e contrasinal na plataforma poderá entrar a este curso. Se poñemos unha palabra neste campo, o alumnado necesitará coñecela para acceder, SÓ A PRIMEIRA VEZ que acceda e xa quedará inscrito.

A idea é pois proporcionar un contrasinal de acceso ao alumnado para que se inscriban. Se este contrasinal perde a súa "efectividade" e comezan a entrar persoas non autorizadas, poderemos en calquera momento cambiar ese contrasinal e destituír ao alumnado que de forma ilexítima se matriculou, sen que afecte en nada ao resto do alumnado.

Dispoñibilidade

Cando se fixe unha chave de acceso, na lista de cursos aparecerá a icona:

No caso de que o profesorado dea de alta aos estudantes, non lles pedirá a chave.

Chave
Acceso como convidado:

Podemos ter a posibilidade de permitir convidados/as no curso creado.

Acesso como convidado

Os convidados/as poderán entrar a partir da páxina de acceso, no botón "Entrar como convidado/a".

Os convidados/as NUNCA teñen autorización para escribir nos cursos nos que entren e só poderán acceder aos materiais pero non participar nas actividades.

Isto pode ser útil cando queremos que algún amigo/a vexa o noso traballo ou cando promovemos un curso e queremos que o alumnado poida entrar antes de subscribirse.

Existen dous tipos de acceso como convidado/a: con ou sen contrasinal. Os convidados/as, a diferenza do alumnado, terán que colocar o contrasinal de acceso cada vez que ingresen, o cal daranos máis control sobre os convidados/as. Se o curso non ten contrasinal de acceso, calquera convidado/a poderá entrar cando o desexe.


Entrar como convidado



Última modificación: Mércores, 23 de Decembro de 2015, 11:06