3.3.11 Cualificacións

Moitos dos módulos e actividades de Moodle son avaliables, o que supón que o estudante obterá unha cualificación de acordo a uns parámetros que fixa o docente.

Neste apartado imos ver como podemos configurar o libro de cualificacións e como definir os nosos propios niveis ou escalas para as cualificacións.

Libro de cualificacións.

O libro de cualificacións recolle as notas obtidas por todos os estudantes en cada unha das actividades do curso.

Para acceder ao libro de cualificacións hai que facer clic no enlace Cualificacións do bloque Administración.

A primeira vez que accedemos ao libro de cualificacións farémolo no modo normal ou simplificado.

Trátase dunha táboa onde cada fila corresponde a un estudante e cada columna a unha actividade, salvo a última, que presenta a cualificación total. Inicialmente, a táboa está ordenada polos apelidos dos estudantes, pero podemos ordenala tamén polos seus nomes facendo clic nos enlaces situados debaixo da columna de estudantes (á dereita ou á esquerda).

A cabeceira principal mostrará "Cualificacións" se estamos a usar o modo normal (por defecto). No caso contrario, mostrará o nome da categoría que que esteamos a ver neste momento se activamos os axustes avanzados.

A continuación se amosa o modo normal e o modo de axustes avanzados.

modo normal

En axustes avanzados:

modo avanzado

Á dereita da cabeceira Total (ou de cada categoría individual no modo avanzado) hai un vínculo de Estatísticas que mostrará unha ventá emerxente coas estatísticas baseadas no total da clase.

Enriba da táboa de cualificacións encóntranse os botóns que permiten descargar as cualificacións en diferentes formatos (ODS, Excel e texto)

O libro de cualificacións pode personalizarse configurando axeitadamente as opcións repartidas entre as fichas ou pestanas seguintes:

  • Ver cualificacións
  • Definir preferencias: permítenos decidir se se mostran as cualificacións ponderadas (porcentaxe ponderada), se os estudantes poderán velo ou non, se se amosan os puntos, se se amosan as porcentaxes, se se amosan as cualificacións con letra etc
  • Definir categorías: cando o curso consta de moitas actividades avaliables, podemos mellorar a xestión do libro de cualificacións creando categorías e clasificando as diferentes actividades nelas.
  • Definir ponderacións: permiten definir como se calculará a cualificación final dun estudante. Podemos asignar diferentes pesos ás categorías, pasar por alto as puntuacións máis baixas dunha tarefa, engadir puntos de bonificación a unha categoría, e ocultar unha categoría da vista e cálculo de cualificacións.
  • Cualificar con letra
  • Excepción das cualificacións: pode ser moi interesante para excluir da cualificación dunha tarefa determinada a un alumno que por motivos xustificados non pode realizala.


Última modificación: Mércores, 23 de Decembro de 2015, 11:06