JClic

Moodle é, na actualidade, un dos mellores sistemas de ensino on-line cos que nos podemos encontrar.

Se ao seu potencial lle engadimos que se trata de software libre e que está construído baixo principios próximos ao construtivismo social, podemos presupoñer o auxe que está a vivir dende hai tempo.

Clic leva moitos anos facendo que moitos profesores teñan o seu primeiro contacto coas TIC en clase. Construír actividades relacionadas con crebacabezas, asociación, sopas de letras, emparellamentos, etc é tarefa bastante doada cunha ferramenta de autor como Clic.

Coa aparición de Internet, xurdiu jClic, que como evolución de Clic permitía facer as mesmas cousas e algunhas máis, pero para poder ser executadas con calquera navegador.

Grazas á aparición dun módulo que integra ambas as dúas ferramentas, podemos integrar as actividades de JClic dentro dun espazo de Moodle, quedando rexistradas as cualificacións obtidas nas actividades de JClic, nas fichas persoais dos usuarios de Moodle.

Unha das principais vantaxes das que dispoñemos desta integración de jClic con Moodle, é que os resultados obtidos polos alumnos, quedarán fixados nas súas fichas; desta forma, os profesores poderán logo obter os correspondentes informes de avaliación.


Como integrar actividades de Jclic en Moodle

Previamente debemos ter seleccionadas as actividades JClic que queiramos integrar.

Pódese acceder ao portal de Jclic http://clic.xtec.cat/db/listact_es.jsp para descargar algunha das máis de 1000 dispoñibles.

Non é necesario descargar o arquivo, abondará con dispoñer da URL do proxecto. Esta será logo usada en Moodle para integrar a actividade.

Jclic proyecto

Para engadir a actividade ao curso debemos como sempre activar a edición e elixir JClic no despregable "Engadir unha actividade... " para inserila na sección ou tema que desexemos.

No formulario que se abre teremos que cubrir os seguintes campos:

JClic formulario 1

Xeral

  • Nome: o nome da actividade.
  • Descrición: Algún parágrafo que describa a actividade que se vai realizar.

Axustes de JClic

Jclic formulario 2
  • Enlace: indicar a URL do proxecto correspondente á actividade jClic, se se desexa pódese tamén subir a actividade utilizando o navegador de arquivos (opción

  • Entorno gráfico (skin): Podemos elixir a cor de fondo que presentará a nosa actividade de jClic.

  • Anchura: O ancho da xanela onde se presentará o applet de JClic.

  • Altura: O alto da xanela onde se presentará o applet de JCilc.


Axustes de avaliación

Jclic formulario 3
  • Número máximo de intentos: n.º máxmo de intentos que imos permitir aos alumnos.
  • Criterio de avaliación: podemos elixir entre: Acadar unha puntuación media entre todas as actividades ou Resolver correctamente un número de actividades diferentes.
  • Puntuación/actividades a acadar: segundo a opción anterior teremos que indicar a puntuación media a conseguir para superar a actividade ou ben o número mínimo de actividades resoltas correctamente que debe sonseguir o alumno.

Axustes do módulo común


jclic formulario 4

  • Modo de grupo: facilitará a identificación dos alumnos á hora de corrixir as tarefas polos profesores. Tamén establecerá a interacción entre o alumnado.

  • Visible: para indicar se a actividade estará visible ou non para os alumnos

Unha vez rematadas as configuración debemos premer no enlace correspondente para gardar os cambios.
Dende ese momento a actividade estará dispoñoble e premendo no enlace correspondente se amosará nunha xanela o applet de JClic integrado.
Se o profesor desexa ver unha visualización previa do mesmo debe "mudar" o seu papel ao de estudante ou alumno (noutro caso en lugar de ver a xanela co applet accedería a visualización dos resultados acadados polos alumnos)
Jclic actividade integrada

Traballar coa actividade no curso

Unha vez dada de alta a actividade JClic no Moodle, os nosos alumnos poderán acceder a ela picando no enlace correspondente do tema ou ben a través do enlace da columna lateral esquerda.

jclci resultados

Unha vez que o alumno rematou de realizar as súas actividades, dende o apartado "Cualificacións" ou ben premendo no enlace "Amosar os resultados" poderá obter un informe dos seus resultados na actividade.

jclic resultados parao alumno

Cabe sinalar que dende o propio applet de JClic o alumno pode acceder ao "informe de usuario" premendo no enlace dispoñible ao rematar a actividade. Este informe pertence ao propio applet e amosará a información recollida anteriormente.

jclic informe de usuario


Visualización de resultados

Unha vez que os nosos alumnos teñan resuelto as actividades de jClic propostas, os profesores poderemos visualizar os resultados obtidos de dúas formas diferentes:

Accedendo de novo á actividade de jClic (picando no enlace correspondente) Moodle mostraranos un listado coas puntuacións que todos os alumnos. é importante sinalar que para que esto sexa posible o "papel" que debe ter o profesor nese momento é o de profesor.

jclic informe de actividades para o profesor

Accedendo ás "Cualificacións" do curso, dentro do informe no que aparecen todas as cualificacións encontrarase unha columna coa actividade de jClic.

Última modificación: Mércores, 23 de Decembro de 2015, 11:06