8.- Buscar nos foros

Bloque de localización nos foros

Bloque que permite localizar nos foros do curso mensaxes publicadas, introducindo palabras chave no cadro de texto do bloque.

No caso de querer localizar unha ou máis palabras, estas téñense que teclear separadas por espazos. Para localizar unha frase exacta ten que ir entre comillas.....

Existe a posibilidade de facer unha busca avanzada empregando o enlace situado no bloque. Na busca avanzada aplícanse diferentes criterios de busca, como se pode ver imaxe seguinte. Exemplo: mensaxes publicadas entre dúas datas, só en determinados foros, en mensaxes publicadas por unha persoa en concreto...

Busca avanzada nos foros do curso
Última modificación: Mércores, 23 de Decembro de 2015, 11:06