4.- Modo edición

O proceso de deseño e modificación dos espazos en Moodle é o mesmo para a plataforma (se temos permisos de administrador) que dentro dos cursos.

Para poder modificar ou configurar o espazo xeral ou un curso, é necesario activar o modo edición do curso. Soamente os usuarios con permisos suficientes poden editar cursos.

Para activar o modo edición é necesario estar dentro do propio curso a modificar e premer sobre a opción de Activar edición accesible dende dous lugares, tal como se indica na imaxe.

Activar edición

Activado o modo edición, a visualización ou interface do curso varía aparecendo unha serie de iconas asociadas a cada elemento e bloque, (ver imaxe seguinte), que van permitir diferentes accións sobre os mesmos:

botón de control de bloques e elementos do curso

  • Modificar a disposición dos bloques laterais
  • Aumentar ou eliminar o número de bloques laterais
  • Editar os contidos didácticos e os elementos individuais que compoñen o curso.
  • Reorganizar os bloques temáticos da columna central.........

Modificar bloques das columnas laterais

Ao premer sobre o botón "Activar edición":

Engadir bloques as columnas laterais

Aparece un novo bloque na columna lateral dereita chamado Bloques que permite seleccionar dun despregable novos bloques para añadir ao curso. Nesta lista despregable só aparecen os módulos activados na configuración global do moodle ( ruta: Administración do sitio > Módulos > Bloques ).

Botóns de control do bloque

Ademais na cabeceira de cada uns dos bloques aparecen unha serie de botóns que se detallan na seguinte táboa, e que permiten configurar o bloque correspondente

Botón Función

visible para os estudantes

Indica que o bloque é visible. Funciona como un interruptor; ao premer sobre el cambia a imaxe dun ollo aberto pola dun ollo pechado quedando oculto para o estudante, pero nunca para o docente.

Oculto para os estudantes

Indica que o bloque non é visible. Funciona como un interruptor: ao premer sobre el cambia a imaxe dun ollo pechado a un ollo aberto, quedando visible para o estudante.

Mover verticalmente

Permite mover o bloque na dirección que indica cada frecha, e dentro da mesma columna

Mover dunha columna lateral a outra

Permite desprazar o bloque de unha columna a outra, na dirección indicada pola frecha

Eliminar

Elimina por compreto o bloque do curso.

Mostrar e ocultar o contido do bloque

Permite mostrar ou ocultar o contido dun bloque, quedando sempre visible a cabeceira do mesmo

Asignar roles

Permite asignar un rol a un usuario para ese bloque

Na colocación e número de bloques, recoméndase:

  • Agrupalos por función. Exemplo: colocar nunha columna os bloques de información e na outra columna os bloques que se refiren a organización temporal do curso.
  • Seleccionar soamente os bloques que realmente se necesiten de acordo cos obxectivos perseguidos.
  • No caso que o alumnado acceda a varios cursos, débese facilitar a localización dos bloques en cada curso, evitando situar un mesmo bloque en posicións moi diferentes dun curso a outro.

Modificar os contidos didácticos

Unha vez activado o modo edición, na parte central do curso pódense observar:

Posibilidades na edición do contido

  • Unhas caixas que permiten agregar compoñentes ao curso
  • Unha serie de iconas xunto a cada compoñente do curso, que permitirán realizar diferentes accións sobre os mesmos.

Os recursos e as actividades son os compoñentes que se poden agregar a un curso dentro dun determinado bloque temático. Para engadir unha actividade ou un recurso a un curso é necesario seleccionalo da lista despregable correspondente. Unha vez especificadas as características do compoñente, o recurso ou actividade aparece ao final do bloque temático onde estaba a caixa despregable empregada para añadir o compoñente.

Etiqueta, páxina de texto, páxina web.....son algúns dos recursos que se poden introducir nun curso. Entre as actividades didácticas que aparecen la lista despregable están: Tareas, cuestionarios, wikis, chat, taller..........

Na seguinte táboa explícase a funcionalidade de cada un dos botóns que permiten controlar cada un dos compoñentes ou elementos

Botón Función

Editar o contido

Emprégase para acceder á configuración do recurso ou actividade. Permite variar desde o seu nome ata calquera característica que defina o seu funcionamento.

Aliñación

Permite aliñar (dereita ou esquerda) o compoñente ao que se refire. Desta forma podemos xerarquizar os recursos e as actividades.

Eliminar

Elimina permanentemente o elemento, incluíndo os posibles arquivos asociados. Non existe posibilidade de desfacer ou restaurar os compoñentes borrados

Visible e oculto

Controlan a visibilidade. Ollo aberto indica que o elemento está visible podendo os estudiantes traballar co mesmo. Ao premer sobre o mesmo, o ollo péchase ocultándose o compoñente só para os estudantes. Para os titores ou profesores os recursos sempre aparecen visibles.

Mover o elemento

Permite mover o elemento do curso para calquera lugar dos bloques temáticos. Cando se pulsa este botón aparece unha serie de recadros con línea discontinua que indican os posibles lugares onde se pode situar o elemento que se desexa mover. Premendo sobre o recadro trasládase o elemento ao sitio indicado.

Grupos

Indica o funcionamento do elemento respecto aos grupos que poideran existir no curso

Reorganizar os bloques temáticos

Os recursos e actividades están vinculados con un bloque ou sección de contidos. Moodle permite, ademáis de organizar cada un dos elementos didácticos individualmente, como xa se mostrou no apartado anterior, redefinir a colocación e configuración das seccións de contidos.

Un curso pode ter tantas seccións como se especifiquen no formulario de configuración do curso. Independentemente da configuración do curso, moodle crea una primeira sección, que non é modificable nin movible, destinada a elementos xerais. A partir desta primeira sección obrigada o resto das seccións aparecen numeradas comenzando polo número 1 e seguindo correlativamente na orde correspondente.

Os bloques temáticos 1, 2, 3,.... pódense mover, cambiando a orde que presentan no curso, e tamén, se poden ocultar ou facerse visibles. Estas operacións poden ser especialmente útiles durante o proceso de deseño do curso: vanse engadindo os recursos pouco a pouco e cando a sección estea finalizada, actívase a súa visibilidade para amosala aos estudantes. As seccións ocultas aparecen marcadas cun sombreado gris. Na seguinte táboa descríbense os botóns de control dos bloques ou seccións:

Botón Función

Mostra só a sección seleccionada

Permite mostrar só a sección seleccionada. Cando se pulsa sobre este botón, o bloque aparece marcado co botón seguinte.

Mostra tódolas seccións do curso

Mostra todas as seccións do curso. Funciona como un interruptor co botón anterior. Ambos botóns tamén funcionan aínda que non estea activo o modo edición.

Marcador

Permite marcar a sección como tema actual. Aparecendo a sección dunha cor máis intensa. Emprégase para centrar a atención do estudante.

Mostra e oculta a sección para os usuarios

Ollo aberto: visible para os estudantes. O ollo péchase ao premer sobre el. O ollo cerrado indica que a sección está oculta para os estudantes.

Permite ordear a sección

Botóns de desprazamento que permiten mover as seccións verticalmente na lista de seccións. O movemento é secuencial e realízase de sección en sección.

Última modificación: Mércores, 23 de Decembro de 2015, 11:06