2.6.1.- Definir Papeis

Ruta: Administración > Usuarios > Permisos > Definir papeis

Un papel ou rol é unha colección de permisos definidos para asignar a usuarios específicos en contextos determinados.

Definicións dos conceptos básicos

  • Un rol é un identificador do status do usuario nun contexto concreto. Por exemplo, profesor, estudante e moderador de foro son exemplos de roles.
  • Unha habilidade é unha descrición dunha funcionalidade particular de Moodle. As habilidades (ou capacidades) están asociadas aos roles. Por exemplo, poder responder a unha mensaxe nos foros é unha habilidade.
  • Un permiso é un valor que se asigna a unha capacidade para un rol en particular. Por exemplo, usar o permiso "prevenir" para limitar a todos os estudantes a que non poidan escribir en ningún foro.
  • Un contexto é un "espazo" en Moodle, como por exemplo, cursos, módulos de actividade, bloques, foros, etc.
  • Unha xerarquía de permisos determina que permiso é o que xurdirá efecto se hai un conflito aparente. Por exemplo, o sitio permite a todos os estudantes enviar mensaxes aos foros pero o profesor impide este dereito nun curso concreto. A xerarquía de permisos permitiría a un estudante enviar unha mensaxe nun curso pero non no outro.


Roles Pre-definidos

  • Administrador
  • Creador de Cursos
  • Profesor
  • Profesor no editor
  • Estudante
  • Invitado

Na parte dereita da fila de cada rol aparece o botón "editar" onde poderemos editar os permisos para cada un dos roles.


Permisos
A matriz de permisos permite un enfoque moi granular á asignación de permisos a un rol (unha clase de usuarios). A asignación ou edición de permisos debe realizarse con grande coidado. Un cambio pode producir un profundo efecto non desexado, ou un molesto efecto do que será difícil de entender a causa.
Existen mais de 150 liñas de habilidades onde calquera dos 4 diferentes permisos poden ser asignados. As habilidades están agrupadas en 21 categorías. Recomendámosche non modificar os roles herdados (LEGACY).


Términos dos Permisos
Do mais baixo ao mais alto, do mais xeral ao mais específico.

  • Non axustado ou Herdar - deixar pasar do contexto anterior (nivel mais baixo, sempre perde)
  • Permitir - deixa suceder ou permitir (mesmo nivel que impedir)
  • Impedir - alto (mesmo nivel que permitir)
  • Prohibir - impedir (nivel mais alto, sempre gana)


Exemplos de Permisos

  • Non axustado ou Herdar: se non se define un permiso, entón o permiso da habilidade é herdada dun contexto que é mais xeral que o do contexto actual.
  • Permitir e Impedir cancelaranse un co outro se se fixa a mesma habilidade no mesmo nivel de contexto. Se isto ocorre, referímonos ao nivel de contexto previo para determinar o permiso da habilidade.
  • Prohibir: Si fixamos prohibir nunha habilidade, significa que a habilidade non poderá ser anulada. Prohibir sempre gaña e crea un alto permanente.

Debido a que as habilidades nun rol poden ser diferentes e aos participantes pódenselle asignar diferentes roles, pode existir un conflito nas habilidades. A xerarquía dos permisos resolve isto dicindo que a habilidade definida para un contexto mais específico gañará, a menos que un prohibir sexa encontrado nun contexto menos específico.

Exemplo 1.
CURSO = "Curso Un" que contén, entre outras, as seguintes wikis: "Todos", "Tarefas" e "Honores".
Marcos ten un rol de estudante no "Curso Un" que permite a todos os estudantes escribir nos wikis de "Todos" e "Tarefas". Pero Marcos tamén ten un rol de Visitante no nivel contexto de módulo (para o wiki "Honores") e a os Visitantes impídeselles escribir no wiki de Honores. Polo que Marcos pode escribir nos wikis de "Todos" e "Tarefa" pero non no de "Honores".

Exemplo 2.
CURSO = "Ciencias e Matemáticas 101" que contén, entre outros, o "Foro da Ciencia"
Roles específicos = Creáronse os roles de "estudante traveso" e "facilitador".

Xesús ten un rol de "estudante traveso" que prohibe colocar mensaxes en calquera foro para todo o sitio. Sen embargo o seu profesor asignoulle un rol de "facilitador" no "Foro da Ciencia" no curso de Ciencias e Matemáticas 101. Debido a que un permiso de prohibir nun contexto mais alto sempre gaña, Xesús é incapaz de colocar mensaxes no "Foro de Ciencia".


Comprobando roles
Para probar os novos roles é necesario saír e autenticarse como outro usuario nunha nova sesión. Non debemos utilizar a opción de “Entrar como” para comprobar os novos axustes; podemos utilizar algunha conta simulada para iso.

Última modificación: Mércores, 23 de Decembro de 2015, 11:06