17.- Mensaxes

Bloque de Mensaxes

Este bloque permite a comunicación, constituíndo un sistema de mensaxería interna entre os usuarios do curso ou do espazo.
Nos procesos de envío de mensaxes e xestión do caderno de direccións, este bloque está relacionado co bloque de Usuarios en liña


Xestión de contactos e mensaxes

Este bloque, aparte de enviar mensaxes, permite agregar usuarios pertencentes á plataforma ao caderno de direccións, bloquear usuarios e visualizar o histórico de mensaxes anteriores. Calquera destes procesos pódese realizar tanto dende o bloque Usuarios en liña como dende o bloque de Mensaxes, tal como se describe a continuación.

Bloque de usuarios en liña

Xanela que permite enviar menaxes

Premendo na imaxe do sobre que aparece á dereita do nome do usuario no bloque de Usuarios en liña aparece esta xanela.

Na parte superior da xanela aparecen tres botóns que permiten:

  • Engadir contacto ao caderno de direccións. Unha vez engadido o contacto o botón muda por outro que permite eliminalo.
  • Bloquear contacto para que non poidamos recibir as mensaxes enviadas polo mesmo.
  • Ver o historial de mensaxes

Escribindo a mensaxe no cadro central e premendo sobre o botón Enviar mensaxe, esta será enviada ao seu destinatario, podendo manter unha conversación con el a través desta ventá que se refresca automaticamente cada 60 segundos.No caso que o destinatario non estea en liña e dependendo da configuración deste bloque, a mensaxe é entregada na bandexa de entrada do seu correo electrónico.

Empregando o bloque de Mensaxes e premendo sobre o botón Mensaxes..., abrese unha xanela composta por 3 pestanas:

  • Contactos:

Caderni de contactos

Listado dos usuarios que temos introducidos no noso caderno de direccións, podendo eliminalos ou ver o histórico de mensaxes empregando os botón correspondentes situados á dereita do nome.
Ao premer sobre o nome do usuario ábrese a xanela que nos permite enviar unha mensaxe

  • Procurar:

Escribir o nome de usuario a localizar e premer sobre buscar

Listado dos usuarios localizados


Permite buscar usuarios da plataforma e mensaxes enviadas ou recibidas.
Cando localizamos usuarios, á dereita do nome dos usuarios aparecen os botón sque nos van permitir: engadir o contacto ao caderno de direccións, bloquear o contacto, ver o histórico de mensaxes. Ao premer sobre o nome do usuario ábrese a xanela que permite enviar unha mensaxe ó mesmo.
Cando se bloquea un usuario para que non poidamos recibir mensaxes del o botón cambia a outro botón permite desbloquear o usuario.

  • Configuración: Desde esta pestana o usuario pode configurar o servizo de mensaxería para así adaptalo ás súas necesidades. De especial interese é a posibilidade de enviar ao noso correo electrónico a mensaxe en caso de estar desconectado un tempo determinado, opción marcada por defecto para os centros dentro do proxecto de Webs Dinámicas.

Pestaña de configuración do bloque de mensaxes

Desde esta pestana o usuario pode configurar o servizo de mensaxeira para asi adaptalo a súas necesidades, de especial interes é a posibilidade de enviar o noso correo electrónico a mensaxe en caso de estar desconectado un tempo determinado, opción marcada por defecto para os centros dentro do proxecto de Web´s dinámicas.

Última modificación: Mércores, 23 de Decembro de 2015, 11:06