Tarefa

Unha tarefa é unha actividade de Moodle que permite ao profesorado asignar un traballo aos estudantes que estes deberán preparar normalmente nun formato electrónico (documento de texto, presentación electrónica, imaxe gráfica, unha captura de pantalla, vídeo, etc.) e remitilo, subíndoo ao servidor.

Os documentos quedarán almacenados para a súa posterior avaliación á que poderá engadirse un comentario que chegará de forma independente ao estudante mediante correo electrónico.


Tipos de tarefas

tipos de tarefas

Actualización avanzada de ficheiros

Eeste tipo de tarefa utilízase cando se solicita ao estudante que entregue máis dun arquivo.

Normalmente, o número de arquivos que debe subir especificarase na descrición da tarefa.

Texto en liña

Permite ao estudante facer uso do editor de texto HTML para escribir directamente o traballo solicitado.

Actualización dun só ficheiro

Neste caso, permítese que os estudantes poidan subir un arquivo de calquera tipo.

Este podería ser un documento realizado cun procesador de textos, ou unha imaxe, un sitio web comprimido ou algo que se lles pediu que envíen.

O profesorado pode cualificar online as tarefas remitidas deste modo.

Actividade fóra de liña

Este tipo de tarefa é útil cando o traballo se realiza fóra da plataforma e, ademais, débeno realizar nun formato non electrónico como, por exemplo, unha lámina de debuxo que o alumno entregará persoalmente na aula.

Os estudantes poden ver unha descrición da tarefa, pero non poden subir arquivos.

O profesor pode cualificar a todos os estudantes que recibirán notificacións das súas cualificacións.


Características das tarefas

  • Pode especificarse a data final de entrega dunha tarefa, que aparecerá no calendario do curso, e a cualificación máxima ou o uso de escalas personalizadas que se lle poderá asignar.

  • Os estudantes poden subir as súas tarefas (en calquera formato de arquivo) ao servidor.

  • Rexístrase a data en que subiron.

  • Pódese indicar se se permitirá enviar tarefas fóra de tempo, pero en calquera caso o profesor/a pode ver claramente o tempo de atraso.

  • En cada tarefa en particular, pode avaliarse a toda a clase (cualificacións e comentarios) nunha única páxina cun único formulario.

  • As observacións do profesor/a achéganse á páxina da tarefa de cada estudante e envíaselle unha mensaxe de notificación.

  • O profesorado ten a posibilidade de permitir o reenvío dunha tarefa tras a súa cualificación para volver cualificala (Anteproxecto).

  • Permítese o uso de tarefas non en liña, onde en vez dun arquivo dixital, a tarefa é unha actividade externa como por exemplo recitar un poema ou realizar unha actividade físico-deportiva.

  • Permítese o uso de tarefas en liña de texto que cumpren a función dun caderno de clase.


Como crear unha tarefa

A primeira parte do proceso de creación dunha tarefa é común a todos os tipos de tarefas. Recordemos que para crear unha nova tarefa hai que activar o modo de edición e, a continuación, seleccionamos o tipo de tarefa da lista despregable "Engadir unha actividade... "

No formulario que se presenta completaremos os campos seguintes:

tarefa formulario xeral

Xeral (común a todos os tipos de tarefas)

  • Título: texto identificativo

  • Descrición: enunciado e descrición do traballo que deben realizar os estudantes. Tamén podemos especificar os seus obxectivos, os apartados que deben tratarse, algunhas instrucións para realizar a tarefa correctamente (por exemplo, tamaño e formato dos arquivos a subir), etc.

  • Cualificación: O sistema engade automaticamente a cualificación máxima asignada á tarefa pero permítenos escoller entre varias escalas de cualificación, tanto cuantitativas coma cualitativas.

  • Dispoñible en: especifica a data a partir da cal a tarefa está dispoñible para os estudantes. Para fixar unha data debe estar desactivada a casa "Inhabilitado".

  • Data de vencemento: determina o día e a hora en que remata o prazo para entregar os traballos solicitados. Moodle establece un período "de graza" de 30 minutos tras a hora de peche, tamén indicará cantos días/horas faltan para o vencemento do prazo. [1]

  • Evitar envíos tardíos: o profesorado pode decidir se permite ao estudante enviar os seus traballos unha vez que expirou a data de entrega da tarefa.

Opcións de configuración específicas segundo o tipo de tarefa

O seguinte grupo de parámetros son específicos dalgunhas tarefas (poden aparecer no formulario de configuración dun tipo de tarefas e non noutros)

A seguinte imaxe amosa a configuración dunha tarefa de tipo "Actualización dun só ficheiro".

Conf tarefa envío único ficheiro

  • Permitir enviar de novo: os estudantes non poden reenviar as tarefas despois de que foron cualificadas. Se activamos esta opción, permitirase aos estudantes reenviar as tarefas despois de que fosen cualificadas (co obxecto de volver cualificalas). Isto pode ser útil se o docente quere animar os estudantes a facer un mellor traballo nun proceso iteractivo. Obviamente, esta opción non é aplicable para as tarefas Offline.
  • Alertas de correo electrónico para profesores: se se activa esta opción, o profesorado recibirá unha alerta mediante un breve correo sempre que os estudantes engadan ou actualicen o envío dunha tarefa. Só se avisará o profesorado con permiso para cualificar ese envío en particular. Deste modo, se, por exemplo, o curso usa grupos separados, entón os docentes asignados a grupos específicos non recibirán información sobre os estudantes que pertencen a outros grupos. Por suposto, nunca se envía correo cando as actividades son fóra de liña, toda vez que nese caso os estudantes non realizan envíos.
  • Tamaño máximo: serve para determinar o tamaño máximo dos arquivos que subirán os estudantes.


A seguinte imaxe amosa a configuración dunha tarefa de tipo "Actualización avanzada de ficheiros".

tarefa conf. actualización avanzada de ficheiros

  • Tamaño máximo: serve para determinar o tamaño máximo dos arquivos que subirán os estudantes.
  • Permitir eliminar: se activamos esta opción, os participantes poderán eliminar arquivos subidos en calquera momento antes de ser cualificados.
  • Número máximo de ficheiros cargados: establece o máximo número de arquivos que pode subir cada estudante. Este número non se mostra ao estudante, polo que debería indicarse no apartado de descrición cantos arquivos debe subir.
  • Permitir notas: se activamos esta opción, os estudantes poden escribir anotacións e comentarios na área de texto. É similar a unha tarefa de texto en liña. Este espazo pode utilizarse como comunicación coa persoa á que se cualifica, coa descrición do progreso da tarefa ou con calquera outra actividade escrita.
  • Ocultar descrición antes da data dispoñible: se activamos esta opción, a descrición da tarefa quedará oculta ata a data de apertura desta.
  • Alertas de correo elctróncio para profesores: xa descrita anteriormente.

A seguinte imaxe amosa a configuración dunha tarefa de "Texto en liña"

tarefa Conf de texto en liña

Neste tipo de tarefa o envío orixinal copiarase no comentario de retroalimentación durante a cualificación, facilitando os comentarios en liña (quizais por medio dunha cor diferente) ou ben a edición do texto orixinal


Configuración do módulo común

Este último bloqueamosa os axustes comúns do módulo e aparece en todos os tipos de tarefas.

tarefa conf do módulo común

  • Modo de grupo: establece a forma de interacción entre os membros dos grupos de traballo (cada estudante só pode pertencer a un único grupo). Temos as seguintes opcións:

    • Sen grupos: todos os estudantes formarán parte dun único grupo.

    • Grupos separados: no que os grupos traballarán independentemente, é dicir, os estudantes dun grupo só poden ver o seu propio grupo, sendo os demais grupos invisibles para eles.

    • Grupos visibles: cada estudante traballará dentro do seu grupo, pero poderá ver o traballo doutros grupos.

O modo grupo pode ser definido a dous niveis:

    • Nivel Curso: o modo grupal definido a nivel de curso vén por defecto para todas as actividades definidas dentro do curso.
    • Nivel Actividade: toda actividade que soporte grupos pode definir o seu propio modo de agrupación. Se o curso está configurado como forzar modo de grupo entón non se terá en conta a configuración de cada actividade.
  • Visible: permite mostrar ou ocultar o cuestionario aos estudantes.


Subir unha tarefa

Unha vez configurada a tarefa, os estudantes poderán ler o enunciado e comezar a enviar os seus traballos (nos casos de tarefas onde se indican envío de arquivos).

Cando corresponda poderán seleccionar un arquivo do seu PC e subilo a través dun formulario incluído na propia tarefa.

Tarefa envío de alumno

Unha vez seleccionado o arquivo, hai que pulsar sobre o botón "Enviar para corrixir"

O profesor pode revisar os traballos dos estudantes pulsando sobre o enlace ás tarefas dende a páxina principal do curso, premendo no enlace correspondente "Ver x tarefas enviadas" da columna "Enviada"

Tarefas enviadas

Ou picando sobre a tarefa e empregando o enlace que aparece na parte superior dereita da mesma "Ver x envíos realizados"

A páxina de revisión á que accedemos mostraríanos un listado dos estudantes, o nome do arquivo que subiu e en que data o fixo e, á dereita, o enlace "Cualificación".

Tarefas cualificación alumnos

Podemos ordenar ese listado por diversos criterios simplemente facendo clic sobre o nome de cada columna.

Por exemplo, se queremos ordenar os estudantes de menor a maior cualificación, faremos clic sobre o título "Cualificación". Se facemos un novo clic sobre ese mesmo título, cambiaremos a ordenación de maior a menor nota.

Tamén podemos ocultar columnas mediante unha casa que aparece xunto ao título da columna.

Premendo sobre o enlace "Cualificación", ábrese a ventá de retroalimentación para ese estudante.

Tarefa cualificación alumno
Na devandita ventá encontramos un enlace ao arquivo subido polo estudante. Ao facer clic sobre el dásenos a posibilidade de descargalo ou de abrilo.

Unha vez corrixido o traballo, procederemos á súa cualificación mediante a lista despregable Cualificación e, opcionalmente, podemos utilizar o editor HTML para introducir a nosa valoración do traballo e algúns comentarios sobre este.

Tamén se mostra un detalle interesante, como é a data en que se subiu o arquivo. Se tivésemos configurado a tarefa para permitir envíos atrasados e se, efectivamente, ese envío se realizou pasada a data de entrega, mostrarase o atraso correspondente (cor vermella).

Unha vez avaliada a tarefa, o enlace "Cualificación" pasará a chamarse "Actualizar". Mediante este enlace podemos recualificar unha tarefa enviada.

Sempre podemos reiniciar unha tarefa (caso de envíos erróneos ou non satisfactorios) eliminando a cualificación e premendo no enlace "Reverter a Anteproxecto" nese caso o alumno poderá realizar de novo o envío quedando almacenados os envios anteriores.





Notas
[1] Deste xeito inténtase compensar os posibles problemas debido a saturación de tráfico pola rede producido polo número de conexións concorrentes sobre o servidor.
Última modificación: Mércores, 23 de Decembro de 2015, 11:06