13.- Actividade recente

Bloque que presenta as novidades do curso

Neste bloque aparecen listados os últimos acontecementos ou novidades producidas no curso dende a última visita ou conexión ao mesmo.

Pódense clasificar as novidades que aparecen listadas en:

  • Novos usuarios do curso, tanto profesorado como alumnado.
  • Novos elementos do curso, novos recursos ou actividades incorporados polo docente.
  • Novas mensaxes, publicadas nos foros do curso.

Para poder visualizar en pantalla as actividades recentes, con independencia das conexións e desconexións do sistema, hai que premer sobre o enlace Informe completo de actividade recente..., que abre unha xanela, ver imaxe seguinte, que presenta unha información moito máis detallada, organizada por días, bloques temáticos, foros, recursos, etc.

Informe de actividade diaria

Empregando o botón de Busca avanzada pódense establecer filtros ou criterios máis elaborados e personalizados

Busca avanzada de novidades no curso

Última modificación: Mércores, 23 de Decembro de 2015, 11:06