1.- Acceso á aula virtual

Os requisitos necesarios para entrar en Moodle e participar da plataforma son os seguintes:
  • Ter un navegador web ( Mozilla, Internet Explorer, Chrome, Sahari, Opera...).
  • Ter unha conexión a Internet.
  • Coñecer a URL (o enderezo web) do servidor onde se atopa aloxado o Moodle.
  • Acceder rexistrándose como usuario da plataforma.
O Moodle preinstalado dentro do proxecto Webs Dinámicas en multisite ten un enderezo web do tipo: http://www.edu.xunta.gal/centros/nome_do_centro/aulavirtual , onde "nome_do_centro" corresponde á denominación de cada centro educativo. Tamén, para facilitar o acceso, a páxina web de cada centro (drupal) leva incorporado un enlace preconfigurado na cabeceira á Aula Virtual ou Moodle.

Aula Virtual

Unha vez visualizada a plataforma no navegador que se está a empregar, para acceder á mesma hai que pinchar sobre o botón Acceso localizado na parte superior dereita da pantalla como se pode ver na seguinte imaxe.

Enlace de entrada a moodle
Bloque para rexistrarse introducción o usuario e contrasinal



Este é o bloque que aparece posteriormente para introducir o nome de usuario e contrasinal. No caso de olvido do contrasinal este mesmo bloque ofrece a posibilidade de recordalo empregando o botón "Sí, axúdeme a acceder".

Unha vez dentro pódese ver unha imaxe similar á seguinte, donde se nos identifica como usuarios na parte superior dereita e unha parte central onde aparecen listados os cursos dispoñibles que contén a platafoma.
Visualización da aula virtual unha vez rexistrado
O título de cada curso vai acompañado dunha breve descrición do mesmo. Tamén e posible que apareza indicado o titor, e no caso que un curso vaia acompañado das seguintes imaxes, entenderase que:
Admisión de intivitados

Admite invitados
Ten clave de acceso

Ten chave de inscrición ou acceso


Os invitados son usuarios non rexistrados que teñen privilexios mínimos que lles permiten participar nas actividades dun determinado curso. Este acceso é interesante para cursos de demostración.

Unha chave de inscrición e un contrasinal de acceso para poder acceder a un determinado curso.

Sempre que o usuario teña os permisos oportunos tamén é posible acceder ó curso pinchando directamente sobre o título do curso.
Última modificación: Mércores, 23 de Decembro de 2015, 11:06