Flash Video

Os contidos dun curso non só limítanse aos creados mediante os editores de Moodle.

O profesor pode enlazar recursos multimedia como un vídeos.

O formato do vídeo debe ser vídeo flash (extensión flv)

O tamaño máximo do arquivo depende dos límites establecidos polo administrador para a plataforma. En xeral recomendamos non poñer vídeos excesivamente pesados nin demaisado longos.

Para poder enlazar o vídeo subirémolo á zona de aloxamento de arquivos do curso.

Os arquivos flv mostraranse utilizando o reprodutor incorporado.

Cando agregamos ou editamos un recurso deste tipo móstrase un formulario similar ao da seguinte imaxe:

video formulario

Onde debemos indicar os seguintes campos:

Xeral

  • Título do vídeo: nome descritivo
  • Introdución do vídeo: escribir un pequeno paragrafo de introdución
  • Tipo de vídeo: empregaremos a opción "Upload File", e así indicar que imos a subir o arquivo ao servidor
  • Nome do Vídeo fóra de liña: deixar baleiro (no momento en que subamos o arquivo encherase coa ruta interna do arquivo flv

Premer no botón "Escoller ou cargar un ficheiro..." para acceder ao navegador de arquivos do moodle que nos permitirá subir ou cargar o vídeo e escollelo para reproducir unha vez subido.

escoller arquivo de video

Unha vez subido o vídeo escollemos o ficheiro e automaticamente voltará ao formulario de configuración da actividade e o campo de nome do vídeo fora de liña aparecerá debidamente cuberto coa url interna do arquivo.

Axustes do reprodutor

Vídeo formulario de configuración II

  • Activar inicio automático: marcar NO para que o vídeo non se preproduza automaticamente
  • Activar repetición: marcar NO para evitar que o vídeo se reproduza constantemente
  • Tamaño do Buffer: no que poderemos especificar o tamaño do buffer.
  • Ancho máximo do vídeo: será o ancho da xanela na que se amosará o vídeo. Por defecto recollerá o ancho (en píxeles) do arquivo orixinal pero o valor é modificable.
  • Altura máxima do vídeo: será o alto da xanela na que se amosará o vídeo. Por defecto recollerá a altura (en píxeles) do arquivo orixinal pero o valor é modificable.
  • Modo de escalado inicial: presentanos as diferentes posibilidades sobre o escalado da imaxe do vídeo dentro da xanela anterior.
despregable escalado de vídeo
Fit both Height & Width: axusta o vídeo á xanela en ancho e alto (ambos)
Stretch: estiramento (adaptará o vídeo ao ancho da xanela)
Original Dimensions: amosará o vídeo nas dimensións orixinais do arquivo
Fill Proportionally: encherá proporcionalmente a xanela co vídeo.



Configuracións do módulo común
  • Modo de grupo: Sen grupos, grupos visibles e grupos separados.
  • Visible: permítenos decidir se a actividade será visible para os estudantes ou non.
Unha vez configurado a actividade Flash vídeo amosarase nun ha xanela independente para a súa reprodución.
video resultado final

Última modificación: Mércores, 23 de Decembro de 2015, 11:06