2.7.- Asignar papeis globais

Unha vez cliquemos en Administración do sitio > Usuarios > Permisos > Asignar papeis globais abrirase unha pantalla onde os usuarios están catalogados por roles.

asignar papeis globais

É posible asignar múltiples roles a un mesmo usuario. É importante ter en conta que os roles que asignemos desde esta páxina serán válidos en toda a plataforma. Así dende o Proxecto só recomendamos a asignación de roles globais para os usuarios administradores.


Para asignar un rol a un usuario, hai que clicar sobre o rol e acceder á páxina "Asignar roles". Apareceranos un despregable "Rol a asignar" con dúas columnas debaixo "usuarios potenciais" e usuarios "existentes". Usuarios potenciais fai referencia a todos os usuarios rexistrados na plataforma e "usuarios existentes" fai referencia a todos os usuarios que teñen ese rol asignado.


asignar roles

Para mover os usuarios dunha columna a outra é necesario seleccionar un ou varios usuarios e clicar no botón esquerda para asignar rol e no dereita para quitar a selección do rol.

Última modificación: Mércores, 23 de Decembro de 2015, 11:06