Administración da aula virtual > Configuración da páxina principal

Como administradores da aula virtual son varios os puntos que podemos configurar nela como amosamos na seguinte imaxe

imaxe

Na configuración da páxina principal é onde poderemos configurar máis aspectos que influirán na estética da nosa aula

imaxe
imaxe

Todos eles son elementos configurables que o administrador da aula virtual poderá modificar segundo estime oportuno. O resto dos aspectos que podemos configurar aquí: papeis da páxina principal, copia de seguridade, restaurar a páxina principal e ficheiros do sitio son transparentes para o administrador.

Como administrador de cursos os apartados que poderíamos configurar son:

· Categoría: Aquí seleccionamos a Categoría á que queiramos agregar o novo curso creado.

· Nome completo: O nome completo do curso.

· Nome curto: Nome curto que se empregará para os enlaces.

· Número ID do curso: Para cada curso créase automaticamente un directorio na carpeta moodledata; nese directorio gárdanse todos os arquivos e as copias de seguridade do curso. Se non eliximos un número el collera o seguinte libre.

· Informe: Explicación do contido do curso.

· Formato: Aquí eliximos como vai estar dividido o curso:

- Formato semanal: Crea un curso por semana desde a data de inicio ata a data de finalización.

- Formato temas: Crea tantos temas como se lle indicara en "número de temas".

· Número semanas/temas: Escollendo o "Formato temas" indicamos de cantos temas estará formado o curso.

· Data Inicio: Indicamos cando vai comezar o curso.

· Temas ocultos: Os temas/semanas que están "sen activar" podemos facer que non os vexan os alumnos ou que aparezan en gris.

· Tamaño máximo dos arquivos enviados: Indicamos o tamaño máximo que pode ter un arquivo que vaia a ser enviado por un Profesor, polo Administrador do curso... Este tamaño máximo está limitado polo tamaño máximo que soporte o servidor web.

· Forzar tema: Podemos indicar cal é a template (tema ou plantilla) do curso, do conxunto delas existentes no moodle.

· Acceso a invitados: Indicar se pode calquera acceder ao curso sen autenticarse.

· Forzar idioma: Podemos forzar o idioma por defecto, se non se forza colle o idioma do sitio.

Configurar curso unha vez creado

Unha vez creado o curso podemos modificar a configuración premendo no enlace "configuración" que aparece no bloque administración. Este bloque aparecerá só se o usuario pertence o grupo "administradores" do curso ou do sitio. Premendo nese enlace accederemos á páxina xa coñecida que nos apareceu cando creamos o curso. Neste intre poderemos cambiar calquera dos seus parámetros.

Última modificación: Mércores, 23 de Decembro de 2015, 11:06