14.- Resumo do curso

Bloque que mostra o resumo do formulario de configuración

Engadindo o bloque Resumo do curso/sitio móstrase o resumo do curso presente no formulario de Configuración do curso ( ruta : Administración > Configuración ).
No caso de engadir este bloque na páxina principal do moodle onde aparecen todos os cursos dispoñibles o bloque mostrará a descrición da páxina principal feita na configuración da páxina principal ( ruta: Administración do sitio > Páxina principal > Configuración da páxina principal ).

A cabeceira deste bloque soamente se mostra no modo edición. No bloque pódense incluír texto, táboas, imaxes, enlaces....Para ir directamente ao resumo que se mostra neste bloque e poder editalo e modificalo pode empregarse o vínculo situado na parte inferior dereita do bloque.

Última modificación: Mércores, 23 de Decembro de 2015, 11:06