3.2.- Engadir / Editar cursos

Ao igual que as categorías, a creación dun curso só o pode realizar un usuario con privilexios para elo coma o administrador e os autores do curso. Podemos sen embargo, unha vez creado o curso, asignar a ese curso o profesorado desexado para que xa como docente poida engadir os recursos e actividades que se necesiten.

Para crear un curso, no menú de Administración do sitio, premeremos en Engadir/Editar cursos

Engadir/Editar cursos

Unha vez despregada a páxina de “Categorías de curso” premeremos na categoría/subcategoría onde queiramos crear o curso e seguidamente no botón “Engadir novo curso”

Engadir un novo curso na Categoría ESO

Vainos aparecer unha páxina “Editar configuración da disciplina” cun formulario bastante extenso que explicaremos no seguinte punto. Unha vez cuberto e despois de premer no botón gardar modificacións, teríamos o curso na páxina da nosa Aula Virtual

No curso creado (Polinomios 3º ESO)

Última modificación: Mércores, 23 de Decembro de 2015, 11:06