1.20.- Fontes RSS remotas

Visualización do bloque antes da súa configuración Este bloque permite mostrar contidos de canles RSS de sitios web externos, permitindo manter actualizado o curso con novas que consideremos de interese, ao tempo que introduce un certo dinamismo no curso. Pero o igual que os algúns outros bloques, hai que configuralo previamente para poder visualizar as fontes de novas. Para configuralo basta con premer no enlace que mostra o bloque ( Prema aquí para configurar este bloque para mostrar fontes RSS) ou pulsar sobre o botón de configuración.


A parte de configuración do bloque ten dúas pestanas:

NOTA: Actualmente está restrinxido o uso de fontes RSS remotas, procedentes de fontes externas á rede corporativa da Xunta de Galicia.

Pestaña na que se introduce a URL das fontes externas

Configuración da visualización do bloque

  • Xestionar todas as miñas fontes. Dende esta pestana engádense os enderezos URL das fontes de novas que nos puideran parecer interesantes. Premendo sobre o enlace validar fonte, compróbase que o enderezo da fonte é correcto. O botón engadir incorpora a fonte á lista superior de canles o fontes de interese.
  • Configurar este bloque. Aquí selecciónanse os parámetros do bloque: número máximo de entradas, título do bloque, fontes RSS que aparecen no bloque.........

Última modificación: Mércores, 23 de Decembro de 2015, 11:06