Ligazón a un ficheiro ou sitio web

Ruta: activar o modo de edición e na páxina principal do tema ou sección abrir o despregable Engadir un recurso... > Ligazón a un ficheiro ou sitio web

O contido dun curso non sólo se limita aos creados mediante os editores de Moodle.
O profesor pode enlazar un recurso a calquera páxina ou arquivo da Web pública ou a calquera páxina web ou outro arquivo subidos previamenta á zona de aloxamento dos arquivos do curso.

As páxinas web normais amósanse tal cual, pero os arquivos multimedia son tratados dun xeito intelixente e poden incrustarse dentro dunha páxina web. Por exemplo, os arquivos mp3 poden amosarse empregando un reproductor incorporado, así como os arquivos de vídeo, animacións flash, etc.

Unha vez seleccionada esta opción aparecerá un sinxelo formulario onde o campo máis importante é o correspondente a ruta do arquivo ou URL da páxina que se quere enlazar.

formulario inxerir ligazon

Pódese enlazar a calquera enderezo URL, o que inclúe tanto as páxinas web externas como os arquivos HTML ubicados no mesmo servidor, dentro dunha estrutura máis ou menos complexa.

Tamén é posible enlazar con calquera ficheiro que esté no servidor. Para isto hai que acceder ao xestor de ficheiros desde o botón Escoller ou cargar un ficheiro...
Si o arquivo aínda non está subido, Moodle danos a posibilidade de subilo neste momento.

cargar un ficheiro
cargar fichiero
escoller arquivo
Última modificación: Mércores, 23 de Decembro de 2015, 11:06