3.3.9 Escalas

Os niveis ou escalas permiten unha definición clara, pública e personalizada dos criterios de cualificación.

Xa temos visto que no proceso de configuración dunha actividade avaliable había que determinar unha escala para as cualificacións.

Moodle permite que o profesorado poida definir múltiples escalas para dar aos estudantes un rápido e axeitado coñecemento dos resultados das diferentes actividades cualificables.

Ademais, permite diferenciar unha actividade formativa onde se lle informa da súa evolución doutras actividades máis sancionadoras onde se lle dá unha cualificación numérica.

A xestión das escalas realízase pulsando o enlace Escalas do bloque de Administración de calquera curso.

Mostrarase unha páxina cunha lista dos niveis xa definidos co número de actividades nas que se usa, o grupo de niveis ao que pertence e unhas iconas que mostran as posibles accións sobre cada escala.

Temos dous tipos de escalas: persoalizadas (afectan só ao curso actual) e estándar (dispoñibles para todos os cursos da plataforma) o administrador sempre pode modificar unha escala dunha categoría a outra (empregar as frechas arriba/abaixo)

escalas

Última modificación: Mércores, 23 de Decembro de 2015, 11:06