2.2.- Explorar lista de usuarios

Dentro da carpeta Contas do menú de usuarios, temos as opcións de engadido e modificación directa dos mesmos, así como a posibilidade de cargar novos usuarios ou modificar os existentes desde un arquivo. menu lista usuarios

Ruta: Usuarios > Contas > Explorar lista de usuarios

Aparece unha relación dos usuarios do sistema con diversos campos: Nome/Apelido, correo-e, Cidade/Vila, País, Último acceso, e logo tres columnas: Editar, Eliminar e Confirmar (esta só aparece para os usuarios que solicitaron entrar no sistema por correo-e pero que aínda non se efectuou a súa confirmación. Isto xa foi explicado no apartado anterior).

Se facemos clic no nome e apelidos, entramos a ver os perfís dos usuarios, mensaxes do foro, blogue persoal, informe de actividades realizadas e papeis aos que pertence. Isto verase noutro apartado.

Se facemos clic en Editar, accedemos ao formulario cos datos do usuario. É o mesmo formulario que aparece en engadir usuario, polo que non se explica agora.

A opción eliminar permite borrar permanentemente a un usuario, pero pide confirmación antes do borrado definitivo.

Lista de usuarios

Se temos moitos usuarios no sistema, podemos botar man do buscador de usuarios. Podemos escoller a letra inicial do nome ou do apelido, ou combinados. Tamén podemos usar a caixa de busca, onde chega con poñer parte do nome ou apelido.

buscador de usuarios


Última modificación: Mércores, 23 de Decembro de 2015, 11:06