4.2.- Idioma


Administración da aula virtual > Idioma > Configuración de idiomas

  • idiomasIdioma predefinido: Aparecerán neste despregable os idiomas que aparezan na lista "Idiomas no menú de idiomas". O que esté seleccionado será o predefinido para o sitio, pero se hai algún máis os usuarios poderán seleccionar de entre os dispoñibles.
  • Amosar menú de idiomas: Si damos a posibilidade de utilizar máis de un idioma, este menú permite ós usuarios modificar o idioma do interface da páxina
  • Idiomas no menú de idiomas: Se o deixamos en branco aparecerán no menú de idiomas todos os idiomas instalados que temos en "Paquetes de idiomas". Para definir cales queremos que aparezan debemos introducir os códigos de idioma separados por comas. Estes códigos son os que aparecen entre parénteses en "Paquetes de idioma".

Administración da aula virtual > Idioma > Editar idiomas

Aínda que a aplicación permite modificar as cadeas para cada aplicación é importante que se detectades algún erro nas traducións nolo comuniquedes a websdinamicas@edu.xunta.es para modificalo nós no modelo e que poida ser incluído en futuras actualizacións para todos os centros.

Administración da aula virtual > Idioma > Paquetes de idioma

Nesta ventá podemos atopar a lista de paquetes de idioma instalados. Se quixeramos instalar ou desinstalar algún paquete só teríamos que clicar nos botóns indicados ao respecto.

imaxe


Última modificación: Mércores, 23 de Decembro de 2015, 11:06