19.- Entrada no glosario aleatoria
Este bloque permite mostrar unha entrada aleatoria dun glosario, creado e elexido previamente, cada vez que se accede a páxina principal do curso. |
Para poder visualizar correctamente este bloque é necesario configuralo previamente dende o botón de edición ou configuración.
Nome do bloque, selección do glosario do que se mostrarán as entradas, periodicidade coa que se muda a entrada a mostrar, modo de elección da nova entrada, mostrar ou non o concepto ( cabeceira ) de cada entrada.....son algúns dos aspectos de configuración deste bloque.