Enquisa

O módulo de Enquisas proporciona unha ferramenta para avaliar o proceso de ensino.

É importante sinalar que se trata de enquisas formalizadas e estándar, cunha serie pechada e prefixada de preguntas e opcións.

Este módulo non serve polo tanto para realizar enquisas personalizadas.


Características das enquisas

  • Proporciónanse enquisas xa preparadas (COLLES, ATTLS) e contrastadas.
  • As enquisas non poden ser respondidas só parcialmente.
  • Borrado de respostas
  • Opcións de descarga
  • Selección de resposta
  • A cada estudante infórmaselle sobre os seus resultados comparados coa media da clase.
  • Os informes das enquisas están sempre dispoñibles, incluíndo moitos gráficos.
  • Os datos poden descargarse con formato de folla de cálculo ou como arquivo de texto CVS.


Como crear unha enquisa

Para crear unha enquisa hai que activar o modo de edición e, da lista despregable "Engadir unha actividade...", elexir "enquisa".

No formulario que se desprega indicamos:

  • Nome: nome identificativo da enquisa.
  • Tipo de enquisa: permite seleccionar o tipo de enquisa que queremos ofrecer ao noso alumnado. (ver tipos dispoñibles máis adiante)
  • Introdución personalizada: indicar cales son os obxectivos da enquisa e dar instrucións sobre como cumplimentala.
  • Modo de grupo: indicar se van ser sen grupos, grupos separados ou grupos visibles.
  • Visible: permite mostrar ou ocultar a actividade aos estudantes.


Unha vez axustada a configuración, pulsaremos no botón Guardar cambios e a enquisa estará lista para o seu uso.


Tipos de enquisas

  • ATTLS (Enquisa de Actitudes sobre o Pensamento e a Aprendizaxe). Instrumento para medir o grao en que un alumno é "coñecedor conectado" (CK, polas súas siglas en inglés) ou "coñecedor desconectado" (SK). As persoas cun CK máis alto tenden a gozar máis a aprendizaxe, e a miúdo cooperan máis e teñen máis liberdade para construír sobre ideas alleas, mentres que aqueles con SK máis altos tenden a tomar unha actitude de aprendizaxe máis crítica e argumentativa.
  • COLLES (Enquisa sobre Ambiente Constructivista de Aprendizaxe en Liña). Pode ser útil para a avaliación da educación en liña, así como para identificar certas tendencias que poden estar a darse entre os seus participantes. Hai diferentes tipos: "Realidade", "Preferencias e realidade", e "Preferencias "
  • Enquisa sobre Incidentes Críticos. Permítenos coñecer a valoración persoal do alumnado ao permitir describir e valorar con detalle incidentes relacionados con aspectos parciais do curso.
Última modificación: Mércores, 23 de Decembro de 2015, 11:06