A versión 9 de Drupal no proxecto Webs Dinámicas implantarase nas webs dos centros de xeito progresivo. Inicialmente poderán empregala aqueles centros que queiran comezar unha nova web desde cero. Estes centros contarán co asesoramento dos asesores e asesoras Abalar de zona para a posta en marcha da nova web. Nunha segunda fase, para a que aínda non hai data, será posible cambiar á nova versión migrando o contido da web actual en Drupal 6.
Neste curso da aula aberta do proxecto Webs Dinámicas irase publicando a documentación sobre a nova versión de Drupal.