2.1. Engadir un tipo de contido personalizado para crear diferentes deseños

Ruta Administrar (Manage) > Estrutura > Tipos de contido. Despregaranse os tipos de contido existentes no sitio web.

  • Premer en +Engadir un tipo de contido
  • Nome*: Personalizado
  • Descrición. Opcionalmente podemos poñer algo como: "Para contidos cun deseño personalizado mediante o módulo Layout Builder."
  • Opcións de Publicación. Recoméndase desmarcar a opción "Promocionado á páxina principal".
  • Axustes da visualización. Valorar se desmarcar a opción para visualizar o autor e a data de publicación.
  • Premer en Gardar e xestionar campos

Por defecto aparece unicamente o campo Body

Layout builder

  • Facer click na lapela Xestionar a visualización
    • Na opción Layout Options (Opcións de deseño) marcar os checks para:
      • Use Layout Builder
      • Allow each content item to have its layout customized. (Permite que cada contido deste tipo teña o seu deseño personalizado).
    • Gardar.

Xestionar a visualización

 

Última modificación: Mércores, 7 de Febreiro de 2024, 12:37