3. Creación dun contido de tipo personalizado

A continuación procederase a engadir un novo contido do tipo Personalizado

Ruta Administrar (Manage) > Contido. Despregarase a lista de contidos creados no sitio web.

  • Facer click en +Agregar contido e seleccionar Personalizado.
    • Título*: Contido personalizado
    • Body: vacío

Contido personalizado

  • Gardar
  • Aparecerá unha nova lapela Disposición proporcionado por Layout Builder que nos permitirá estruturar o contido en Seccións e bloques.

Disposición

  • Por defecto aparece creada unha sección (Section 1) cos campos  dispoñibles Ligazóns e Body
    • Observar que existe a posibilidade de engadir novas seccións (Add section) ou novos bloques (Add block)
    • Desde esta ventá será posible establecer a nova disposición do contido creado.

Seccións e bloques por defecto

  • Para o noso exemplo eliminaremos a sección 1 con toda a información que contén, premendo na aspa situada á esquerda de Configure Section 1. O sistema pedirá confirmación.

eliminar sección 1

  • A continuación engadirase unha nova sección con dúas columnas que ocupen o mesmo (50-50)
    • Premer Add section (1)
    • Two column (2)

twocolumn

  • Opcionalmente é posible establecer unha etiqueta administrativa. Preme en Add section.

Etiqueta administrativa

  • Aparecerá unha nova sección 1 con dúas columnas ao 50% nas que será posible engadir novos bloques.

50porciento

  • Premer en Add block nunha das columnas da sección 1 (por exemplo na columna esquerda).
    • Poderanse engadir diferentes tipos de campos de información e de bloques xa proporcionados polo sistema.
    • Adicionalmente, o sistema permite engadir contido de xeito directo mediante a opción Crear bloque personalizado (Crear custom block)
      • Nota: Os bloques personalizados creados desde esta opción non se reflicten na opción xeral Administrar (Manage) > Estrutura > Block Layout

add block

  • A modo de exemplo crearase un bloque personalizado de tipo Basic Block (Bloque básico).

custom block

  • Nas opcións de configuración do bloque será posible especificar un Título (con posibilidade de visualización Display title) e un Corpo, tal e como se reflicte na seguinte imaxe.
    • Para gardar os cambios, premer en Engadir un bloque:

Configurar o bloque

  • A modo de exemplo crearase adicionalmente unha nova sección (Add section -> Section 2), que conterá unha única columna cunha anchura do 100%. Engadiranse 3 bloques (Add block) de acordo co seguinte:
    • Sección 1: bloque personalizado da columna esquerda: Texto.
    • Sección 1: bloque personalizado da columna dereito: Imaxe
    • Sección 2: Texto

Configuración final

  • Finalmente premer en Save Layout e observar o resultado

Contido personalizado visualización

NOTA: Na lapela disposición do editor de contido é posible arrastrar un bloque dunha columna a outra na mesma sección ou entre seccións.

Última modificación: Mércores, 7 de Febreiro de 2024, 12:16