Activación e configuración dun bloque nunha plantilla

Para activar un bloque nunha rexión da plantilla seguir os seguintes pasos: 

  • Ir a Administración » Estrutura » Block layout (Diseño de bloques)
  • Seleccionar o tema ou plantilla donde se quere activar o bloque. Neste caso o tema Olivero.
  • Para ver as rexións dispoñibles na plantilla premer en Demostrar rexións de bloque (Olivero):

Rexións

    • Premer en Salir da demostración da rexión de bloque para ir á páxina anterior.
  • Unha vez decidido en que rexión se quere mostrar o bloque, neste caso quérese amosar o menú O centro na rexión chamada Sidebar (ou Barra lateral, dependendo do idioma), seguir os seguintes pasos:
    • Buscar a rexión Barra lateral e premer en Place block (Colocar bloque)

Place block Sidebar

    • Ábrese unha ventá emerxente donde buscar o menú, neste caso O centro:

Place block

    • Premer en Place block, amósase outra ventá emerxente para configurar o bloque:

configurar bloque

      • Display title: Para visualizar ou non o título do bloque
      • Menu levels: O menú só será visible se o enlace do menu encóntrase nese nivel ou por debaixo.

Menu levels

        • Initial visibility level: Usar o nivel 1 para amosar sempre este menú.
        • Number of levels to display: Número máximo de niveis a amosar, por defecto Ilimitado.
        • Expand all menu links: Marcar para amosar o menu expandido (Esto tamén se pode configurar desde o menú ou desde Taxonomy menu)
      • Pódese restrinxir a visibilidade do bloque o idioma, ou para certas páxinas, roles, tipos de contido e vocabularios.
      • Premer en Gardar o bloque. Ir á paxina principal e ver como se amosa o Menú O Centro na barra lateral dereita:

O centro

Última modificación: Mércores, 17 de Abril de 2024, 13:16