Organización en taxonomías

Drupal ofrécenos un sistema de clasificación dos contidos da nosa web baseado en taxonomías que ademáis de organizar o contido, permite definir os permisos de acceso aos mesmos. As taxonomías están formadas por categorías ou vocabularios, termos e subtermos organizados de xeito xerárquico.

Para aclarar conceptos podemos decir que unha taxonomía é unha estrutura xerárquica cunha categoría ou vocabulario como nodo principal ou raíz, e un conxunto de termos fillos da categoría, dos que poden a súa vez saír novos termos que chamaremos subtermos, e así sucesivamente ata un máximo de nove niveis.

Na seguinte táboa podemos ver a nomenclatura das taxonomías e un exemplo:

Nomenclatura das taxonomías
Exemplo
  • Vocabulario (categoría principal)
    • Termo_1 (subcategoría de 1º nivel)
    • Termo_2 (subcategoría de 1º nivel)
      • Termo_2.1 (subcategoría de 2º nivel)
      • Termo_2.2 (subcategoría de 2º nivel)
  • O centro
    • Documentos
    • Organigrama
      • Dirección
      • Consello escolar

Módulos necesarios:

Para que Drupal permita a creación de taxonomías é necesario que estea activo o módulo do núcleo: Taxonomy (activo por defecto). Podemos comprobar que está activo accedendo ao enlace Estender do menú de administración.


Creación das taxonomías:
  • A creación e edición das taxonomías da web debe facela un usuario con rol de administrador.
  • Para crear ou editar as taxonomías hai que acceder á ruta: Estrutura/Taxonomía.

Taxonomías

A continuación imos describir o proceso de creación dunha taxonomía, que se pode dividir en 3 pasos:

Paso 1. Creación dun novo vocabulario.

Paso 2. Engadir termos ao vocabulario.

Paso 3. Creación do campo para asociar os contidos da web coa nova taxonomía.

Paso 3.1 Creación do campo no primeiro tipo de contido

Paso 3.2 Creación do campo nos demais tipos de contido

Ilústrase este procedemento coa creación do vocabulario de exemplo "O Centro" e parte dos seus termos.


Paso 1. Creación dun novo vocabulario:
  • Desde a pantalla de Estrutura/Taxonomía premer sobre o botón "+ Engadir vocabulario" que leva ao seguinte formulario.
  • Basta con introducir o nome do novo vocabulario, e Gardar.

Engadir vocabulario


Paso 2. Engadir termos ao vocabulario:
  • Ao gardar o novo vocabulario xa nos leva directamente a pantalla coa súa lista de termos.
  • Tamén podemos acceder polo botón Lista de termos á dereita do vocabulario.

Lista de termos

  • Premer no botón "+ Engadir termo" que leva ao seguinte formulario.
  • Introducir o nome do termo.
  • Opcionalmente unha ruta de acceso ao mesmo (debe comezar por un caracter de barra).
  • Gardar.

Novo termo

  • Para engadir un subtermo dun termo xa existente, hai que desplegar a sección "Relations" e marcar o termo pai do novo termo.

Engadir subtermo

  • Podereranse engadir novos termos e subtermos do vocabulario en calquera momento.

Paso 3. Creación do campo para asociar os contidos da web coa nova taxonomía.

Nesta versión de Drupal a relación entre os contidos e os termos das taxonomías non ven configurada por defecto senón que debemos configurala manualmente para cada novo vocabulario. A relación entre un contido da web e un ou varios termos dos vocabularios establécese mediante campos que debemos engadir a cada tipo de contido. Drupal ven por defecto con só dous tipos de contidos: Artigo e Páxina básica. Imos ver a continuación como engadir a estes dous tipos de contido un campo para asociar os seus contidos co vocabulario "O Centro". Para o primeiro tipo de contido é máis complexo pero para os demais tipos de contido será máis sinxelo ao reutilizar o primeiro campo.

Paso 3.1 Creación do campo no primeiro tipo de contido.
  • Acceder á páxina Estrutura/Tipos de contido.
  • Para o tipo de contido Article premer no botón Administrar campos.

Tipos de contido

  • Premer no botón "+ Engadir campo".

Engadir novo campo

  • No desplegable "Engadir un campo novo" elixir o tipo de campo Referencia/Termo de taxonomía.
  • No campo Etiqueta pódese poñer o mesmo nome que o do vocabulario ao que se vai referenciar.
  • Gardar en continuar.

Tipo de campo e etiqueta

  • A continuación hai que determinar a cantidade de valores que permitirá almacenar este campo.
  • O que hai que decidir é se un contido deste tipo (Artigo) pode estar publicado unicamente nun termo do vocabulario ou pola contra pode estar publicado en varios termos.
  • O máis habitual é que se publique nun único termo. Neste caso poñemos Limitado a 1.
  • Se pola contra un contido pode estar publicado en varios termos do vocabulario, poñeremos Ilimitado.
  • Gardar os axustes.

Número de valores

  • A continuación hai que marcar o vocabulario ao que se quere facer referencia con este campo.
  • Neste caso márcase o vocabulario "O Centro".
  • Marcando a opción "Campo necesario", todos os contidos deste tipo deberán estar publicados nalgún termo do vocabulario. Normalmente non se utiliza esta opción.
  • Gardar os axustes.

Marcar o vocabulario

  • Por último, hai que cambiar o xeito de seleccionar o termo co que queremos asociar un contido.
  • Hai que acceder á solapa "Manage form display" da administración de campos do tipo de contido.
  • Podemos acceder a esta pantalla seguindo esta ruta: Estrutura, Tipos de contido, Administrar campos (Artigo), Manage form display.

Manage form display

  • Nesta páxina configúrase como se dispoñen os campos deste tipo de contido no formulario de creación ou edición dun contido deste tipo.
  • Hai que localizar o campo que se acaba de crear e vese que o tipo de control que ten por defecto é o de Autocompletar.

Autocompletar

  • Hai que cambiar Autocompletar por Lista de selección, e gardar.

Lista de selección


Paso 3.2 Creación do campo nos demais tipos de contido.
  • Creado o campo para o primeiro tipo de contido, reutilízase para os demais.
  • Acceder á páxina Estrutura/Tipos de contido.
  • Para cada un dos demais tipos de contido seguir os seguintes pasos:
  • Premer no botón Administrar campos.
  • Premer no botón "+ Engadir campo".
  • Neste caso non se engade un campo novo senón que se reutiliza un existente.

Reutilizar un campo existente

  • No desplegable "Re-use an existing field" escollemos o campo creado anteriormente (Referecia de entidade: field_o_centro).
  • Deixamos a mesma etiqueta.
  • Gardar e continuar.

Escoller o campo a reutilizar

  • Igual que se fixo na creación do campo, a continuación hai que marcar o vocabulario ao que se quere facer referencia.
  • Neste caso marcamos o vocabulario "O Centro".
  • Gardar os axustes.

Marcar o vocabulario

  • Por último, igual que se fixo na creación do campo, hai que cambiar o xeito de seleccionar o termo co queremos asociar un contido.
  • Acceder á solapa "Manage form display", localizar o campo no listado, cambiar o control por "Lista de selección", e gardar.

Lista de selección


Unha vez creado o campo en todos os tipos de contidos xa será posible asociar calquera novo contido da web cun termo do novo vocabulario.

Última modificación: Luns, 4 de Decembro de 2023, 14:26