Tipos de contido

Drupal incorpora por defecto só dous tipos de contido distintos. Pódense ver en Administrar, Estrutura, Tipos de contido.

Tipos de contido por defecto

  • Artigo.
    • Utilizarase para contidos que se quere aparezan ordenados por data e hora de publicación, habitualmente os que van publicados nunha taxonomía na que se van publicando novos contidos con frecuencia.
    • Aparecen co usuario que os creou e a data de creación.
    • Poden levar unha imaxe que aparecerá a carón do texto.
    • Na versión completa, vense ao final as taxonomías nas que está publicado e os comentarios.
    • Vese a continuación un exemplo nas versións recortada e completa.
      • Versión recortada (páxina da taxonomía).

Versión recortada

      • Versión completa (páxina do contido).

Versión completa

Final do artico completo

  • Páxina básica.
    • Utilizarase para contidos de caracter máis estático e que son vixentes durante un periodo longo de tempo. Por exemplo: Historia do centro, Datos de contacto, Composición dos órganos de goberno, Horarios, Documentación, etc.
    • Non lles aparece nin o usuario nin a data de creación.
    • Aparecen as "migas de pan" (ruta ata o contido).
    • Na versión completa, vense ao final as taxonomías nas que está publicado.
    • Vese a continuación un exemplo nas versións recortada e completa.
      • Versión recortada (páxina da taxonomía).

Contido tipo Páxina recortado

      • Versión completa (páxina do contido).

Contido tipo Páxina completo

Contido tipo Páxina completo

Última modificación: Luns, 11 de Decembro de 2023, 10:55