6. Activar o bloque para visualizar o resultado

Só resta activar o bloque correspondente para amosar o resultado da vista. Este bloque creouse automaticamente ao engadir un display de tipo bloque no proceso de creación da vista do paso anterior. Farémolo na rexión Resaltado do tema Olivero:

  • Acceder a Administrar (Manage) > Estrutura > Block layout
  • Na zona Resaltado, premer en Place block.
  • Na ventá emerxente coa caixa de busca, localizar o bloque e premer en Place block.

Activar o bloque

  • Premer en Gardar os bloques e observar o resultado.

Última modificación: Martes, 5 de Decembro de 2023, 14:09