5. Creación da vista para o slide

O paso seguinte será crear unha vista para visualizar os contidos de tipo slide facendo uso dos módulos SlideShow activados nun paso anterior.

As vistas en Drupal constitúen unha poderosa ferramenta que permite acceder a información concreta almacenada na base de datos especificando unha serie de criterios.

  • Ruta Administrar (Manage) > Estrutura > Vistas.
    • Existen unha serie de vistas xa creadas por defecto que poderemos empregar en calquera momento en caso de considerarse necesario.

Vistas iniciais

  • Premer en +Engadir vista
    • Nome da vista: Slide para portada
    • Configuración da vista: Amosar "Contido" de tipo "Slide para portada" ordeado por "O máis recente primeiro"
    • En Axustes do bloque premer en Crear un bloque:
      • Título do bloque: deixamos o nome proposto.
      • Formato de presentación: Presentación de Títulos con enlace. (O formato Presentación só existirá se se activaron os módulos SlideShow e SlideShow Cycle previamente).
      • Items per block: Deixamos o valor por defecto para esta vista.
    • Premer en Gardar e editar.
  • Aparecerá unha nova pantalla na que se pode observar a configuración establecida no apartado anterior xunto con varias opcións adicionais.
    • En Campos, engadir o campo Imaxe slide premendo en Add.
      • Podemos axudarnos do campo de busca para localizalo máis rapidamente tal e como se amosa na imaxe:

Engadir campos

    • Marcar o check para o campo Imaxe slide e premer no botón Agregar e configurar campos.
    • Aparecerá a seguinte ventá:
      • En Estilo de imaxe, seleccionarase o estilo 380*200 definido nun paso anterior, para que as imaxes do slide se vexan con ese tamaño.
      • En Vincular imaxe a seleccionaremos Contido, para que ao premer sobre ela nos leve ao contido e se visualice a imaxe en tamaño orixinal.

Estilo vista

      • Facer click en Aplicar.
    • A configuración final da vista será a seguinte.

Vista con imaxe

  • Na parte inferior da imaxe anterior pódese observar a vista a Vista previa, na que se pode observar o slide en funcionamento, con imaxes de tamaño 380*200px.
  • É importante non esquecer premer en Gardar a vista.

NOTA: É posible modificar diversos aspectos de funcionamento do slide premendo en Formato: Axustes

Axustes formato

Algúns dos aspectos que se poden modificar son os seguintes:

  • Efecto das transicións
  • Pausar o slide: Pause on hover /  Pause on Click
  • Engadir controis das diferentes diapositivas (slides)
  • Contador de diapositivas
  • ...
Última modificación: Martes, 5 de Decembro de 2023, 14:09