1. Activación dos módulos necesarios

Layout Builder é un módulo do núcleo de Drupal que permite modificar o deseño dos contidos directamente desde a interface, dividindo o contido en seccións nas que será posible engadir bloques.

  • Os bloques poden crearse directamente desde a interface de Layout Builder, a partir dos deseños personalizados de bloque definidos no sitio web.
  • Con independencia do anterior, poderán engadirse como bloques de Layout Builder campos de contido, vistas, menús ou calquera outro elemento relacionado co contido.
  • Polas razóns anteriores, Layout Builder constitúe un módulo interesante para crear a páxina de portada do noso sitio web, ademais de outorgar a posibilidade de visualizar os contidos cunha disposición máis flexible.

ACTIVACIÓN DOS MÓDULOS NECESARIOS

Ruta Administrar (Manage) > Estender :

  • Activar os seguintes módulos do núcleo:
    • Layout Builder
    • Layout Discovery
  • Recoméndase activar tamén os módulos do núcleo:
    • Media
    • Media Library
Última modificación: Xoves, 18 de Xaneiro de 2024, 11:44