Inserción de imaxes no corpo do contido

  • Para inserir unha imaxe no corpo dun contido hai que situar o cursor no lugar do texto no que se que inserir e logo premer no botón Inserir imaxe.

Botón Inserir imaxe

  • Buscar e seleccionar o ficheiro de imaxe na ventá de abrir ficheiros do navegador.
  • Ao inserir unha imaxe deste xeito, aínda que o mesmo ficheiro de imaxe fose subido previamente, Drupal sube unha nova copia do ficheiro. Estes ficheiros pódense ver en Administrar, Contido, Ficheiros.
  • O editor insire a imaxe e pide que se lle poña un texto alternativo ou se declare como imaxe decorativa. Para favorecer a accesibilidade da web, recoméndase poñer un texto alternativo que describa a imaxe brevemente xa que será lido polos lectores de pantalla.

Inserir texto alternativo

  • Se a imaxe é simplemente decorativa, pódese marcar esa opción.

Imaxe decorativa

  • Unha vez confirmado o texto alternativo ou marcada como decorativa, aparece a barra de ferramentas da imaxe.

Ferramentas da imaxe

  • Estas ferramentas permiten:
    • Cambiar texto alternativo ou declarala como decorativa.
    • Axustala respecto do texto: Romper o texto, Imaxe á esquerda, Romper o texto e imaxe centrada, Imaxe á dereita, En liña co texto.
    • Inserir parágrafo antes. Se a imaxe é o primeiro que hai no corpo do contido, isto facilita a inserción dun parágrafo antes dela.
    • Inserir parágrafo despois. Engade un parágrafo despois da imaxe.
    • Redimensionar. Premendo e arrastrando por calquera das catro esquinas permite cambiar o tamaño da imaxe mantendo as proporcións.
    • Volver ás dimensións orixinais. Se a imaxe foi redimensionada permite volver ao tamaño orixinal.
    • Crear ligazón. Permite facer que a imaxe sexa unha ligazón a outra páxina.

Inserir ligazón

    • Editar ou eliminar ligazón. Premendo de novo no botón de crear ligazón permite editala ou eliminala.

Editar ou eliminar ligazón

    • Activar/desactivar subtítulo. Pemite poñer un subtítulo ao pé da imaxe.

Inserir subtítulo

Última modificación: Venres, 15 de Decembro de 2023, 13:43