2. Creación dun estilo para as imaxes do slide

  • Nun "Slide" de imaxes, todas elas deben ter as mesmas dimensións, xa que do contrario crearían un efecto pouco estético.
  • A continuación vaise describir como crear un estilo de imaxe que logo se aplicará ás imaxes do slide.
  • Isto ten que facelo un usuario administrador.
  • Acceder a Administrar, Configuración, Medios, Estilos de imaxe.
  • Por defecto aparecerán unha serie de estilos xa creados cuns tamaños predeterminados.

Estilos de imaxe predefinidos

  • Premer en + Add image style.
    • Especificar un nome para o novo estilo de imaxe: neste exemplo crearemos imaxes de dimensións 380*200px, polo que o nome do estilo será 380*200 (recoméndase que o nome do estilo permita identificalo dun xeito sinxelo con posterioridade)
    • Estas dimensións deben decidirse en función das proporcións orixinais das imaxes e das dimensións que queremos que o slide ocupe na web.
    • Premer en Crear Estilo novo. 
    • Na seguinte pantalla, elixir o efecto Escalar e recortar e premer en Engadir:

Engadir efecto

    • Este efecto mantén as proporcións da imaxe orixinal, sen deformación. Primeiro escala mantendo a proporcionalidade e logo recorta  sobrante para que teña as dimensións indicadas.

Efecto escalar e recortar

  • Premer en Engadir efecto: Podemos observar como se recorta a imaxe previamente escalada

Efecto aplicado

  • Gardar.

Última modificación: Martes, 5 de Decembro de 2023, 14:09