Coñecémonos!

Neste curso escolar, 2019-2020, varios dos nosos nenos e nenas rematan no CRA de Rianxo e comezan en setembro no CEIP ADR Castelao de Rianxo. 

Todos os anos facemos unhas xornadas de convivencia para que coñezan aos seus novos compañeiros e compañeiras e ao propio colexio; así que este ano, ambos centros, creamos estes dous vídeos para que todo o alumnado se vaia coñecendo.

Agardamos que vos gusten!