Estudio sobre a violencia de xénero na Ría de Arousa

A Oficina para a Igualdade de Xénero da Universidade de A Coruña e adscrita á Vicerreitoría  de Ferrol, Responsabilidade Social, ven de publicar o seu informe "A violencia de Xénero - A través da visión das mulleres do mar na Ría de Arousa".

"A intención (da investigación) era trenzar unha liña de base que permita establecer, con posterioridade, ámbitos investigadores máis definidos. Unha liña base, que permita entender, siquera sexa dunha maneira simbólica, como se comporta esa violencia nun ámbito onde intuimos, que se agochan hábitos ancestrais que se asumen coma normais. E por riba de todo, entender como perciben esa violencia as mulleres do mar: coñecer o inimigo para combatelo."