PIONEIRAS

Por segundo ano consecutivo o noso centro celebrou o 8 de marzo, Día Internacional da Muller, adicándolle a Sesión de Biblioteca e Música do 2º trimestre. Se ben o ano pasado nos centrabamos na figura da muller científica, este ano adicamos a sesión ás mulleres pioneiras. Dentro das diversas actividades desta xornada, dende a nosa  ANPA Irmáns  Insua organizouse un obradoiro de pintura onde os nosos nenos e nenas deron forma ás figuras destas mulleres que abriron camiño. Como colofón a esta xornada tan especial mañá, no Auditorio Municipal de Rianxo, inaugúrase a exposición PIONEIRAS, onde se expoñen as pezas que crearon os nosos nenos e nenas. Dende o CRA  queremos dar as grazas a todas as persoas que fixeron isto posible  e invitamos a todo o mundo a que se pase polo auditorio a ver a exposición.